Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Medieval
Despois de tres decadentes horas sobre as Cantigas de Santa María e os meus estudos sobre lingua, literatura e historia medieval dame impresión de que vivo no medievo e ao mesmo tempo sei que teño acceso posiblemente a mais información da que, as persoas e cronistas medievais mesmo q leo, puideran ter por escrito na súa época.
Xa estou outra vez cos exames, traballos e movidas de estudantes. Normalmente a vida é mais relaxada que nestas datas e dáseme por fuxir un pouquiño escribindo por aqui. Igual visito mais a miudo estas cousas case xa abandodadas. O esforzo é merecedeiro pois agardan após exames días de longas viaxes e encontros agardados no tempo.
Comentarios en Livejournal
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-01-2005 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
Levo xa un tempiño por acá. Pensei que xa pasara de moda que os meus amigos se inclinasen cara ao lusismo pero seica non é así. A raparigha meteuse a purista lingüística. De comezo non me gustou a idea pero iso non deixa de ser que o galego máis alá dun tema de discusión e a lingua propia é agora para ela un obxecto de estudo ou re-estudo. Benvida sexa a diversidade!

Levo un tempiño adicándome integramente e con integridade a reordenar as miñas cousas aquí. Todo vai indo aos poucos. Estou sorprendido co progre que poden chegar a facer a tve. Onte partín o cu vendo as sms`s que manda a xente ao supermartes, foi todo un xoc posto q non sendo as mensaxes qe se referen ao bo aspecto das azafatas do programa, asemellase batante ás sms`s que sain na RTP-I de saudos desde a emigracion e apertas desde a aldea aos amigos ausentes... xunto con algunha timida declaracion de afecto e xeitos de ligar pouco discretos. O programa non ten muita gracia pero as sms`s que poin por baixo merecen a pena polo.

Estou algo alicaido e languido pq liscou un coleguita irremplazábel.
Comentarios en Livejournal
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-10-2004 18:00
# Ligazón permanente a este artigo
alborexar santiagués
Non é cousa de chiste pero desque cheguei (cheghén) a acá non fixo mais que cambiar o tempo para voltar ao verán que xa dera por perdido e pasei (pasén) dunha máxima incomunicación a unha maxima relación con muita xente e cumplo bastante cos meus obxectivos. Igual debera estudar tamen pola mañan pero todos os dias o fago pola tarde e parte da noite. O único un pouco así é que non estou (estón) a vivir na miña casa (morada) senón na dun colega e é nun bairro un tanto periférico da cidade e dá unha certa sensación de isolamento. Non sei como podes vivir sempre aquí Nachete... Pero xa mañán vou (von) para a miña morada na Rúa de San Lourenzo, que remata na carballeira do mesmo nome e no mosteiro, que se perdeu cando castela perdeu holanda hai unha chea de anos e aínda é posesión da raíña dalá ou de belxica, creo que se chama Fabiola. Está a carón da sa Nasa, lugar emblemático compostelán. E iso que xa estou (tán) desexando comesar exames e demais.
Comentarios en Livejournal
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-08-2004 22:30
# Ligazón permanente a este artigo
Longa noite de Vigo
Os meus veráns son do máis aborrecido. Sempre os comezo de mala uva pq desde a primavera teño alerxia e afecta ás miñas posibilidades físicas e ao meu estado de ánimo. Ademais vólvome do máis asocial que hai. A comodidade da casa dos papais é algo que só disfruto e me encadea nesta época. Este ano non é unha excepción.
Ademáis disto, sintome un pouco recluido nunha sorte de ataraxia q racho cada vez que saio da casa. Se en Santiago a cousa do galego non vai tan ben coma eu quixera en Vigo paséome certificando a morte da miña lingua vehicular. A xente mírame coma un becho raro ou obxecto de museo e o meu galego perde muita da súa independencia léxica para acabar sendo un castelán con X e LL. A xente pon caras raras cando falo e para evitar problemas de mutuo entendimento tendo a empregar palabras das chamadas "bilingües". Que nin así me vai ben. Pasada unha semán nesta cidade a miña soltura ao falar (o 95% das veces galego e en castelán tamén me pasa) diminue até momentos de tatexo e dúbidas no emprego de palabras, restando soltura e forza ás comunicacións que estabelezo. Sempre fun eu pouco correitor das pesoas que toman a palabra polo xeito de se expresaren posto q odio q mo fagan a min. Estás alegremente falando con alguén q fala castelán e soltas (por confianza ou distensión) unha castrapada e entón vai e diche qe non sabes falar. Deus bento! Eu non corrixo a fala dos malotes ou dos pedantes... só a Rakel cando me deixa :P ou ao Brais pq sacou o carné de tocapelotas lingüístico e ten q probar da súa mediciña.

O conto (un saúdo a todos os admiradores de cando comezo unha frase por "o caso...") é que non estou mui de ánimo para case que nada. Teño que estudar, pasear o cu pola cidade, difrutar da neveira e ir de festa polos roteiros folkis desta terriña nosa.

Recomendo 3 fitas obrigadas para calisquer que queira festa esta fin de semán: A festa das peñas en Pontevedra (q aínda q acusada de pro-tauriña é da altura do entroido do Hio), a Festa da Carballeira de Zas (contará coa miña asistencia q levo anos desexando ir) e non sei se me comentou o mamalón do Brais q hai un botellón ou algo así en Beade con motivo do seu fugaz regreso (disculpen a miña ausencia e garden folgos pra domingo q vou eu a botar mais gasofa ao lume!).

E isto é todo para ser as 4:30 da madrugada dun xoves vigués
Comentarios en Livejournal
Comentarios (3) - Categoría: os máis míticos - Publicado o 06-08-2004 04:37
# Ligazón permanente a este artigo
Vespera da vespera
Aqui andamos todos estresados e non é pola vinda de el-rei á nosa capi da man de Zp. Trátase dun ano máis dunha tradizón mui persoal: acudir a Santiago polo día da pátria galega. Creo que levo desde o 95 asistindo cunha soa ausencia do 98 por estar a facer o camiño. Pilloume daquela en Carrión de los condes e aquilo resultoume mui duro pero coma o camiño ten algo de máxico cando estaba tirado na liteira a tentar pasar o día coa mínima consciencia del comecei a oir sons de gaita naquela paraxe rural no medio da sempre amada ;) Castela. Pensaba que me estaba a afectar de máis e tiña alucinacións auditivas. Non era o caso. Pola porta do hospital de peregrinos pasou desfilando a banda de gaitas de Castro Bergidum, todos sabemos que é a banda de gaitas de Ponferrada non é :P? pois ese mesmo ano viñeran grabar un disco folk a Vigo un grupo de Ponferrada chamado Aira da pedra e pasaran noite en cas da Raquel e festa con ela e comigo durante días e días. Eles dicían timba. Foi unha experiencia única coñecer a esa xente. Son das terras da Galiza irredenta. Tan só 3 sabían falar galego e deles só un o facía alá e outro facíao connosco por ser estudante en Santiago. Pois ben, estes rapaces tocaban tamén na banda de gaitas Castro Bergidum e de ser un día horríbel nun ningures castelán pasou a ser un reencontro feliz no medio da nada. Do máis emotivo e con algunha que outra ranciada patriótica con irredentos para amenizar a velada.
Non sei cando deixarei de ir ao 24 e 25. Só sei que espero que sexa por algo bo e que non sinta o baldeiro que sentín a única vez que fallei.
Anímovos a todos a ir a Santiago polo 25!
Saúde e Terra, venceremos nós!
Comentarios en Livejournal
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-07-2004 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
Volver do Verdugo
Poucos son os q van ao verdugo e volven. Eu fun a ese río nacemento da nosa ría que adquire o seu nome, Verdugo, da cor verde. Hai investigadores que din que é unha mala correción do castelanismo Verdujo e non do topónimo con gheada Verdugho e que o tóponimo galego sería Verdujo (pronuncia etimolóxica) ou Verduxo segundo a normativa actual.
Funlle faser unha visitiña ao Nachete e curmán e de paso ás canoas e paraxes do lugar. Hoxe abafo en maniotas.

Hoxe estou máis coa tentativa de gardar os meus apontamentos nalgures. Non atopo sitio pra eles e o primeiro que estou a facer e reciclar os meus vellos libros de texto daquela outra vida que eran os finadiños do BUP e o COU. Estaba a ver por riba o libro de relixion de 3 e pareceume un bo libro humanístico pero pouco útil e progresista no campo do catolicismo. Dá unha visión progresista do mundo da filosofía e ao tempo unha conservadora do da relixión, supoño que para ver se cola ou para que o lector chegue á conclusión de que a postura correspondente co progresismo verquido na relixión é ese e todo máis lonxe. Queda a milleiros de anos luz da postura da teoloxía da liberazón. Sen esta corrente filosófico-católica non habería explicación para a historia da américa latina. Con temas coma a igualdade de todas as persoas, o roubo de Cristo da igrexa ao pobo, a vontade da nova igrexa de seguir a doutrina do evanxeo e non só de comentala, dereitos dos indíxenas, a paz non é ausencia de guerra senon a harmonía entre as clases e nacións e mentres esta non exista a paz tampouco; a paz non se conserva, acádase...
E iso... a por eles! :)
Até outra
Comentarios en Livejournal
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-07-2004 15:08
# Ligazón permanente a este artigo
Teño q cruzar a riaaaaaaaa teño, que pasar o mareeeeeee
Isto leva anos abandoadísimo.
Facía ben tempo que non tiña ocasión de esbardallar un pouco aquí.
A calor secoume un tanto as ideas. Onte chamoume a Rakis e púxome nervioso... en persoa non se nota pero son o único que lle nota certo contido de mala hostia por teléfono? Eu íaa deixando falar esperando a que estoupase con algunha metedura de pata miña ou que comentase algunha bastada que fixera eu e xa non lembraba pero fun caindo en que ese é o seu ton de voz e que en persoa so con mirala á cara ben sabes que non ven a fala co aguillón.
Ben, este texto é pra re-abrir este lugar de novo. Agora voume a correr que teño que cxruzala ría.
Bicos a todos!
Comentarios en Livejournal
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-07-2004 12:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0