Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

O lume de Cerdedo
Boas compañeiros.
Tou mui encarraxado así que direi o menos posíbel pero quero deixar claro que o lume que naceu xoves en Cerdedo, xa queimou todo Cotobade, hoxe queima Pontecaldelas e vai camiño de chegar ao mar uníndose ao de Soutomaior.
Parécevos normal que un incendio que nace na Terra de Montes chegue á semana á Ría de Vigo?
A min non, e como me entere de quen puido ter algo a ver non respondo de min mesmo.
Ánimo aos que ainda tein algo que defender!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-08-2006 17:01
# Ligazón permanente a este artigo
Que facer se o pais enteiro arde?

Vou propor dúas preguntas:

Hai algunha páxina ou algún medio para voluntariado contra os incendios forestais?
Se non a hai... Xa está tardando, o pobo debera implicarse. Eu quero axudar.

É normal que o único que se miraba entre o fume que cobría o ar en Moaña onte eran os fogos das festas? daba unha imaxe fondamente surrealista ou mesmo masoca.

A ver se consigo subir a foto na que mostro o hospital clínico de Santiago cun incendo a escasos metros, a foto é escandalosa pero hai uns 200 metros entre o lume e o hospital. Non creo que fose relaxante para os doentes mirar o lume ás portas, nin para os afectados nas vias respiratorias, nin para a cidade ter o lume dentro!

Hai que facer algo, isto é pior que o Prestige.
Comentarios (3) - Categoría: os máis míticos - Publicado o 07-08-2006 00:04
# Ligazón permanente a este artigo
Fai turismo queimando un país
Seica a alguén se lle ocurríu unha utilidade nova á via rápida do Morrazo. Hoxe mesmo desde a fiestra podo ver 3 incendios importantes diferentes na península do Morrazo. Así a ollo podo apuntar un en San Hadrian de Cobres, outro entre Domaio e Marín e outro n´O Hio.
Non sei como vai recoñecer alguén o Morrazo dentro duns anos, sen bosque e coa via rápida...
A vía rapida trae máis cousas que progreso
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-08-2006 17:56
# Ligazón permanente a este artigo
Enquistarse
Non só se enquista a pus baixo a pel tamén o fan os coñecimentos adquiridos que non teñen intención de seguir ningunha evolución ou as amizades que deciden non desaparecer nunca pero permanecer para sempre aí, medio-hibernadas pero latexantes e dispostas a continuar por medio da distancia.

Que os nosos emigrantes RETORNEN cos petos cheos de ilusión, novas ideas e RETOMEN as vellas tarefas! que a Terra precisa tanto deles...
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-07-2006 19:28
# Ligazón permanente a este artigo
A polo gran ghit do verán
Os que andendes polos diferentes blogs galegos non será a primeira vez que o mirendes: http://apologhit.vieiros.com/ é unha páxina na que se propón un concurso sobre cal é a millor canción do verán galega e ten 7 cancións mais ou menos pachangueiras (como require a ocasión) que podendes escuitar desde a casa. Este concurso, por chamalo dalgunha maneira, é fruito da colaboración de vieiros, supoño que de todos coñecida, co programa que ten o Xurxo Souto na Radio Galega: Aberto por reformas. O rapás é un tanto reiterativo pero ponlle sentimento e dá saída á musica galega máis actual todos os dias laborais ás 4 da sobremesa despois das noticias horarias.
Por certo, cando lle dirán ao que pon a voz seria e en off de despois dos sinais horarios da radio galega que o N de soN as...(5,6,7...) non é alveolar? mira que pa tres palabras que di á hora unha sempre a di mal.
Comentarios en Livejournal
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-06-2006 15:31
# Ligazón permanente a este artigo
Terra A Nosa!


Fronteiras.

Hai muita tinta gastada para definir administrativamente as fronteiras e tamén non é pouca a que se emprega para estudar desde un punto de vista máis humano e poético as culturas de fronteira. A nosa cultura pode ser catalogada por un observador alleo coma unha cultura de fronteira entre a castellana e a portuguesa. Castelao sempre dixo que se Hespaña e Portugal teñen algo que falar deben facelo na Galiza e dándonos voz propia por sermos unha referencia común a ambas no seu ensaio Sempre en Galiza.

Nesta cultura de fronteira na que vivimos (os que podemos manternos) temos tamén fronteiras nidias ou difusas asegún fale delas. Eu teñoo mui claro. Eles non tanto, coma bos galegos. Olládeo vós mesmos en video e desde internet. Fronteiras é unha curtametraxe feita sobre Ibias, concello galego na provincia de Oviedo. Podédelo ver en liña na web de Avid http://www.avidarena.com/ O de sempre desde outra perspectiva. A dos habitantes do concello.
Comentarios en Livejournal
Comentarios (1) - Categoría: os máis míticos - Publicado o 12-06-2006 15:13
# Ligazón permanente a este artigo
retorno...
O retorno é ese camiño que se fai coa única espectación posta na chegada. Á ida vaise atento ás incidencias e animoso. Á volta todo son présas e aborrecimento. O tempo, na nosa sociedade tradicional, é conceito circular. Sempre en movimento pero repetindo ciclos. A internet(e) é liñal, e xa miro, pq des que deixei de escribir a última vez isto mudou tanto que subir este post parés mesmo unha odisea. Teño que facer un cursiño para me por ao día.
Non prometo nada pero hai indicios que apuntan a que retorno a andar por estes lares. Só pido que Fraga, o dinosauro, quede en Madrid que seguro que alí é máis querido.
Todos ben?
Saudiña!
Comentarios en Livejournal
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-02-2006 18:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0