Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Transición no Nepal

Achego aquí unha sorte de crónica internacional do que está a suceder no Nepal.

Este mércores, dous días despois do pactado, os guerrilleiros maoístas do Nepal comezaron a facer entrega das súas armas baixo a supervisión de funcionarios das Nacións Unidas. O exército negular nepalí* comprometeuse a entregar tamén unha cantidade semellante de armamento á ONU.

Chégase a esta situación no contexto dunha transición entre o reinado de Dipendra e o que decida a Asemblea Constituínte que se formará nunhas eleccións este mes de xuño. Entrementres rexe o país un parlamento de 330 escanos liderado polo Partido do Congreso de Girija Prasad Koirala que conta con 75 parlamentarios.
As segundas forzas son o Partido Marxista-leninista con 73 asentos e agora igualará, ao saír da clandestinidade, co mesmo número de parlamentarios o Partido Maoísta.

A situación convulsa do Nepal ven de máis de 10 anos de enfrontamentos, nos que morreron encol 13.000 persoas, dos guerrilleiros maoístas co goberno.

A situación do goberno tampouco é de todo estábel pois ten un reino semi-independente no seu interior, frecuentes divisións internas e foi aínda superada en crueldade polo magnicidio do rei Bipendra no ano 2001. Este sucedeu nunha acción do seu fillo e despois herdeiro Dipendra no que matou ao seu propio pai para reinar e parte da familia real. O novo coroado Dipendra adxudicouse a si mesmo en febreiro de 2004 poderes absolutos. En abril dese mesmo ano 7 partidos da oposición e os guerrilleiros maoístas fixeron unha demostración de forza conxunta nas rúas das principais cidades do país e fortemente en Katmandú con manifestacións e folgas amplamente secundadas (na imaxe) e que obrigaron ao tirano-rei Dipendra a deixar o poder e cedelo ao parlamento interino actual nepalés*.

Este parlamento pactou a paz cos rebeldes maoístas e a súa integración no mesmo cunha forza, xa citada, considerábel. Na asemblea constituínte que saia das eleccións que se han celebrar este xuño decidirase o futuro do país, tanto a súa organización en República ou continuidade da Monarquía parlamentaria suspendida no 2004 primeiro polo rei Dipendra e logo polo seu desaloxo do poder por medio das mobilizacións sociais.

Gustaríame que fose do voso interese esta achega ao mundo exterior aínda que sexa dunha maneira bastante superficial. Da mesma maneira que me gustaría que algún nepalés* escribise sobre a actualidade galega algún día e ler un post no seu idioma algún día cagándose no PP por deixarnos en 3ª categoría co seu boicot ao noso estatuto. En fin, diso non quero falar.

*Os xentilicios galegos para os naturais do Nepal son: masc. nepalí / nepalés; fem. nepalí / nepalesa
Comentarios (1) - Categoría: Sen novidade no frente - Publicado o 19-01-2007 01:49
# Ligazón permanente a este artigo
non entenden

Non podo deixar de facer pública esta viñeta que saíu no DEIA o día seguinte de que a policía vasca disolvese unhas poucas manifestacións, neste ano, neste mes e nesta democracia parlamentaria.
Comentarios (3) - Categoría: Sen novidade no frente - Publicado o 13-01-2007 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
Racismo na prensa!!
Estou sorprendido pola pouca sensibilidade que ten a prensa en Galicia. Agora que se fugou unha parella de adolescentes de casa e o rapaz é xitano resulta que todos os titulares e atencións son en relación á rapariga (Natalia Santos), que chaman Julieta ou diferentes cousas. Habería que facer outro post sobre as (cutre)intencións literarias dalgúns redactores que pretendendo ser elevados non pasan de pedantes.


A noticia na Voz de Galicia.

Tamén a respeito desta nova, quero salientar o localismo dos xornais: El correo di que foron vistos en Santiago, O Faro en Vigo...

Ademais... é delicto fugarse da casa? non teñen dereito a facer a súa vida sen saír na prensa?
Levamos unhas semaniñas con atención informativa en temas bastante peculiarciños entre que Bekam deixa o madrid, unha de Arcade sae en Interviú, isto e algunha parida máis...

Por certo, din por aí que imos ter fotoló ;)
Comentarios (3) - Categoría: Sen novidade no frente - Publicado o 12-01-2007 15:43
# Ligazón permanente a este artigo
Ialma, Nova Era
Ás veces pérdenme as ideas asilvestradas e escribo cousas que levan a que eu mesmo me cuestione que carallo estou cuestionando e que quero dicir con iso. ;)

Do que si podo escribir sen problema ningún é da música que coñezo e gozo.

Hai un grupo de galegas nacidas en Bruxelas, Ialma que son unhas auténticas virtuosas da música e do saber estar no mundo, onde quer que foren, sendo galegas e universais.
O seu estilo é unha evolución desde a música máis tradicional das pandereteiras até unha música que bebe desa tradición e se mostra actual e universal no seu último disco: Nova Era.

Gústame o título porque mostra o que son para min: unha evolución partindo dunha base recoñecida que é a nosa tradición músical. Pero interpretada libremente segundo o estilo que inspira o grupo.

Resulta que o vivir en Bruxelas non é atranco o suficientemente grande nestes tempos para que elas poidan facer música galega. Nestes tempos de culturas en contacto diario e continuo non debería sorprender a niguén. Isto non quita de valorar o esforzo que supón cando na nosa terra é contada a xente que se preocupa por cuidar, producir ou gozar cultura galega.

Se tendes ocasión, non deixedes de escoitar o seu disco.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-01-2007 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
Ninguén dimite?
E digo eu...
Levo lidos case libros enteiros sobre o atentado de Madrid. Hai dous mortos e a culpa é sen dúbida de ETA pero non ten culpa tamén o responsábel do desaloxo da zona?

Que si, que non foi un petardiño. Pero se chaman para avisar e para que desaloxen unha parte do aeroporto porque hai unha bomba ten que haber alguén que dimita por non facelo ben. Hai alguén en Madrid, que cobra por se algún día se dan as circunstancias saber facer unha actuación efectiva. Pois, digo eu, esa persoa debería estar agora buscando traballo.


Agora mesmo acábame de chegar unha noticia de indymedia na que se afirma que nas primeiras informacións sobre o esbourido a prensa dixera que fora unha explosión controlada coa zona controlada pola policia. En canto se soubo de dous desaparecidos pasou a informarse que estoupou ela soa.

Isto último entra no campo das especulacións pero o que sosteño é que alguén debería dimitir por ese desaloxo chapuceiro da mesma maneira que os que puxeron a bomba deben asumir as súas consecuencias legais.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-01-2007 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
Xenocidio ucraíno
Foi a finais deste mes de novembro cando o parlamento de Ucraína aprobou unha lei catalogando de xenocidio do pobo ucraíno a morte de millóns de campesiños durante a colectivización da terra ordeada por Stalin desde o ano 1932.
Aprobouse finalmente co voto favorábel de 233 deputados, apenas 8 máis dos precisos.
Tomen nota pois mesmo nun estado soberano e independente hai problemas semellantes aos nosos, e non me refiro ao xenocidio: Para que fose aprobada tal lei o presidente Vitor Yúcchenko tivo que mudar a expresión "xenocidio da nación ucraína" por "xenocidio do pobo ucraíno ".
Os votos que apoiaron esta lei partiron do Partido Socialista, A Nosa Ucraína (o partido de Yúcchenko) e 2 votos do Partido das Rexións(partido de Yanukovich, principal opositor e pro-ruso).
Este mesmo partido e mailo Partido Comunista de Ucraína votaron en contra.

Por algunha que outra circunstancia teño acceso a este tipo de noticias, as que vaia vendo interesantes ireinas achegando por aquí.
Comentarios (0) - Categoría: Europa - Publicado o 14-12-2006 02:56
# Ligazón permanente a este artigo
Vamos chicos, al tostadero!
Parou o bus en tures. Comín as unllas, nunca tal fixera. Pasou polo cruce aquel en que suspendera por segunda vez o exame de condución.
Era un día ao xeito dos cadros de Urbano Lugrís. O Pico Sacro era atacado sen contemplacións por unha nube malhumorada. O resto do horizonte era maino e luminoso. Folga dicir que era o único sitio onde se albiscaba chover.
Un día fermoso no que mesmo a cidade da cultura se vía integrada na paisaxe e no ambiente. Non desentoaba, era... vizosa?
A Antía acompañárame á parada do bus, fomos descobrindo onde paraba a parada. Cando chegou e subín fíxoo tamén unha rapariga, anoteina coma testemuña desas palabras miñas nacidas da histeria e do descoñecemento.
O bus continou o seu camiño, pareceume eterno. Xoguei a enganar ao mundo. A facer que disfrutaba as paisaxes. Sempre che fun mui paisaxeiro, os verbos desaparecen das descricións de lugares:
Un canastro de madeira caíndo a cachos abeirado dunha casa laranxa-taronxa. Leiras cultivadas, leiras a monte, leiras a toxos e silvas.
O puticlú de turno.
Leiras queimadas de xestas, leiras a orcalitos e a parada final. Pausa, calma, tensión, agardo finxindo frialdade e deszo paseniño.
Algo bo está a comezar!
Comentarios (3) - Categoría: os máis míticos - Publicado o 14-11-2006 22:42
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0