Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

O goberno español perde os papeis e fai o ridículo
o exercito pasando polo forro as normas de tráficoNunha semana en que se está repetindo en todo o mundo que España é un estado anticuado, tramposo e cunha economía pouco fiable nos mercados e desde Wikileaks se especifica como os altos cargos que dirixen este aparato do estado non responden ante os cidadáns senón que piden ordes a USA e esméranse en cumprilas. Neste ambiente comezan a saír as noticias de que non poden circular os avións. Grave nun país que vive do turismo. E o goberno en vez de negociar cos pés na terra declara o semi-estado de guerra pasándose polo forro a seriedade das palabras e da súa imaxe para que uns señores ocupen o seu posto de traballo.
Un conflito laboral non debería nunca acabar na declaración do estado de alarma. E como sempre, din cando comeza pero non cando acaba. Se fose un estado de alarma en serio, que non sei como son os estados de alarma deste goberno, cada civil debe cumprir as ordes que lle dean os militares.
Diredes que esaxero. E gústame esaxerar pero o goberno aprobou isto onte. E diredes que é só polos controladores e eu fiareime da bondade do goberno que non sabe negociar e saca os militares a facer cumprir as súas ordes.
Isto non é serio. No meu traballo altérase todo por este estado de alarma e agora mesmo os militares son os donos do país. É posible que non pase nada, porque por poder poden pero non van facer nada. O mesmo argumento que di que o Rei non molesta porque aínda que pode facer o que queira (ten o poder e non responde ante a xustiza) non fai nada. Non me gustan nada este tipo de cousas e moito menos nun momento de crise como o actual.
E xa como guinda dicir que Hitler alcanzou o poder unhas eleccións democráticas e nun momento dado valeuse dunha lei de emerxencias para non ter que volver repetilas. Hoxe a nosa situación é máis parecida a isto ca onte. E a prensa pedíndolle con todas as letras firmeza, disciplina e autoridade ao goberno.
Comentarios (3) - Categoría: Europa - Publicado o 04-12-2010 14:39
# Ligazón permanente a este artigo
A non-comunicación da comunicatividade
A xente que está atenta ás historias das outras persoas e que ten tendencia a responder cousas tales como pode ser, seguramente, vale, claro ou calquera dentro dese grupo de palabras que significan si pero levan ao tempo unha carga de eu xa o sabia, teño que comprobalo, concédoche a posibilidade de ser crido, ou concédoche que mo dixeses... son en realidade a maioría dos galegos que eu coñezo. Escasamente terás un si por resposta ou unhas simples palabras de sincera comprensión. Se á xente tímida lle custa dicir non á xente galega coa que trato normalmente cústalle tamén dicir que si. Sempre permiten, consenten, dubidan, ou xa sabían aquilo que lles contas.

Esa xente nin vive, nin deixa vivir.
Comentarios (5) - Categoría: Diglosia - Publicado o 03-11-2010 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
cagada
Hoxe teño quenda de tarde no traballo e esta mañá, mentres daba as últimas voltas na cama, consultaba caralladas desde o meu móbil. Andaba a fedellar nas cousas do facebook despois de comprobar a través da xanela que o día convida a un par de voltas máis na cama.

Entroume a curiosidade e fun mirar o perfil da miña ex no facebook. Nada interesante. Escribín o nome doutra persoa e deille ao botón. E en vez de aparecer o perfil novo quedou escrito, o nome, no perfil da miña ex. Inmediatamente borrei pero deixou de ser unha visita anónima.

Nunca máis facebook e durmido desde a cama!
gr...
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-10-2010 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
Quen é María Mera?
Pois non sei de que me soa o nome pero parece que é a actriz escollida entre outros 60 candidatos para representar o papel principal na próxima obra do novo Centro Dramático Galego. Podedes ler a nova en Xornal aquí Maria mera será a Salomé do Centro Dramático.

Pero como apuntaba unha mente retorcida nada máis ler a noticia, xa a coñeciamos de antes. Concretamente daquel video de Feijoo ao máis puro estilo Berlusconi que comentaban así no xornal Público Feijóo: "Voy a ser breve porque he quedado con María".
Pero non pensedes mal, a escolla non é política. Está realizada por unanimidade polos membros dun xuri constituído a tal efecto.

Viva F(raga)eijoo! (de que falarían aquela noite?)

Por certo, que xa hai quen se fixo eco desta asombrosa coincidencia. Aquí o tendes en Galicia Confidencial

E xa postos, aquí o famoso video:
Comentarios (0) - Categoría: Sen novidade no frente - Publicado o 10-08-2010 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
Tiros na fronteira de Líbano e Israel
O de Israel xa fede de máis. Sempre foi así pero algúns picamos en darlle unha oportunidade. Mal feito, polo menos visto o que pasa. Hoxe morreron duas persoas porque os soldados israelís quixeron talar unhas arbores que estaban a escasos metros da fronteira, isto é, en Líbano. Os libaneses, dispararon ao aire, os israelís tamén, mesmo a artillería disparou ao aire. Por iso temos varios mortos e feridos. Ata aquí a noticia internacional.

PERO a nivel español hai outra parte importante na noticia que se pasa por alto: esa fronteira está vixiada polos soldados españois (que nin estando no cuartel son baratos) que deben de pensar que son como o rei, que cobra por non facer nada. Polo menos alégrome de que eles non se unisen á festa de disparos ao aire. Porque a pesar de ser de todos os funcionarios os máis costosos non teñen sona de ser demasiado intelixentes e igual lograban que israelís e libaneses se puxeran dacordo por primeira vez nalgo.
Comentarios (4) - Categoría: Diglosia - Publicado o 03-08-2010 14:46
# Ligazón permanente a este artigo
Os suevos e os caiucos
Antes de nada, quixera esclarecer que eu prefiro empegar a palabra caiuco e non patera ou a súa galeguización pateira. Na imprensa española diferencian desta maneira: o caiuco é que chega a Canarias e a patera a Andalucía. Eu non sei que diferenzas hai exactamente entre unha e outra palabra pero patera non aparece en ningún texto galego mentres que non é a primeira vez que me tomo un viño nun bar (taberna de toda a vida) que se chama O Caiuco. Xa vedes, profundos motivos filolóxico-afectivos.

Quixera falar dos suevos e da súa entrada en Galiza. Para sermos correctos, na Gallaecia. Os historiadores españois adoitan pasar por alto a existencia deste pobo nos seus estudos de historia. E cando se molestan en mencionalos é para dicir unicamente que eran un pobo que foi conquistado polos Visigodos (eses si que lles molan e aparecen por todas partes).

Muitas veces temos lido que os suevos eran un pobo rudo, inculto, violento e caótico. A imaxe mental que lle crean aos seus alumnos-vítimas, estes historiadores, é un reflexo da invasión dos hunos. Un pobo de louros guerreiros que entraron en Gallaecia a lume e ferro creando o caos e dedicándose á rapina. Nesta liña picaron tanto Murguía como Viceto, a base de tanto repetir tópicos ata a xente máis ben intencionada déixase levar. Hoxe quero contar unha historia diferente deles.

Os suevos eran un pobo xermánico. De todos eles, o que máis contacto tivo co imperio romano. Se ben é certo que no primeiro século a relación entre romanos e suevos era meramente hostil, nas ribeiras do Danubio, xa logo estes foron collendo influenzas romanas e chegando a acordos e pactos co imperio. Muitos dos suevos luitaban nos exercitos romanos como lexionarios. De feito, cando no momento en que entran no imperio romano fano non coma pobo guerreiro senón máis ben como un pobo buscando un porvir. No momento en que atravesan, no frío inverno, o xelado río Danubio camiño de Galiza coas mulleres e os nenos aseméllanse máis aos actuais viaxeiros dos caiucos que aos conquistadores hunos.

Ademais, o pobo suevo creou o primeiro reino na Europa occidental. nace 410 (aprox.) por medio dun pacto cos romanos. Suxeitos ao imperio romano, que duraría case un século máis. Ainda que xa o seu segundo rei, Requiario, é o primeiro rei europeo que se atreve a acuñar moeda no seu nome propio e non en nome do emperador. Rachando con Roma. Isto sabémolo porque varias destas moedas se conservan aínda ata día de hoxe, non polos escritos dos historiadores españois.

Outra mostra da súa capacidade negociadora e de criazón dunha cohesión social é que mentres que os outros pobos xermánicos establecen reinos onde eles manteñen as súas relixións (normalmente arianos) diferenciadas dos habitantes dos reinos que ridixen, os suevos tardan ben pouco en convertise ao catolicismo e integrarse desta maneira co pobo que rexentan. Deixando de ser unha etnia aparte dos galaicos.
Comentarios (0) - Categoría: Europa - Publicado o 22-07-2010 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
Parecidos razonábeis?


Comentarios (0) - Categoría: fotoblog - Publicado o 12-07-2010 18:02
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal