Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

O monolingüismo non pode ser a nosa meta
Considero que non podemos perder o norte co tema das aspiracións lingüísticas e valoracións sobre a nosa lingua tanto no noso universo ideolóxico como na praxe cotiá. Na miña opinión as aspiracións ao monolingüismo en galego son actualmente brindos ao sol, que é unha categoría aínda máis afastada da realidade e pertinencia que as discusións bizantinas. A día de hoxe o monolingüismo non é unha aspiración realista.

Como sei que é algo polémico e eu mesmo me escandalizaría ao ler algo así ata fai pouco exporei as miñas argumentacións para que as consideredes:

A día de hoxe o galego está nun proceso de substitución en todos os seus ámbitos e sen excepción. Especialmente na educación, que era un ámbito recentemente encetado que tamén se perde. Calquera fontaneiro que ve unha fuga de auga, por muito que el saiba que é motivado pola mala calidade da instalación do edificio non comeza o cambio da instalación do edificio ata que repara a fuga. Polo tanto non podemos asumir como reto realista o monolingüismo en galego mentres non saibamos como parar a sangría de falantes que esta lingua perde.

Da mesma maneira. O concepto de estado nación tan doutra época, e que tanto gosta ao PP e nacionalistas periféricos, é algo que perdura nas mentalidades máis conservadoras e carcas. No meu parecer o mesmo monolitismo primario é o que fai que pensemos que a nosa lingua ten que ser a única na nosa terra. Isto é un concepto atrasado nas sociedades mono-nacionais e extremadamente utópico nas sociedades minorizadas. Hoxe en día os currículos escolares inclúen galego e castelán e ademais dúas linguas máis. Unha como lingua estranxeira A e outra como opción de lingua estranxeira B. A presenza de (polo menos) galego, castelán e unha lingua estranxeira na educación é unha necesidade indiscutible e unha garantía de excelencia da nosa educación. O monolingüismo non é un obxectivo para o futuro. Eu creo que renunciar ao uso fluído do castelán é como amputarnos un brazo para adelgazar, efectivo en canto a quilos pero invalidante e que calquera outro pobo vería con asombro e sorna. As linguas, cantas máis mellor, sabendo sempre que o galego é a nosa.

O problema é que como sempre a teoría vai por un lado e a praxe por outro. Os principais políticos españois non saben falar linguas estranxeiras mentres que para traballar nun kebab saber inglés é case un requisito. E o que é mais grave, xente que goberna Galiza e que tivo acceso a educación en galego non sabe falar galego (con toda a carga de mediocridade que isto conleva e que disfrazan en discurso ideolóxico). O BNG, partido onde peor se fala o galego (se é que iso pode ser entendido como falar galego) é capaz de caer tamén nunha falta de coherencia total. Eles piden coa boca pequena o monolingüismo en galego cando non son capaces de garantir un mínimo nivel de galego na súa militancia nin nos seus cargos públicos (escoitar a Quintana era doloso e máis sabendo que era o sucesor de Beiras). O seu galego é tan pidgin que nas televisións españolas non lexendan nin ven a necesidade de dobrar as súas declaracións. Na máis marxista (dos irmán Marx) das reaccións estes chegaron a ameazar con poñer máis acento galego! (poderían comezar por non ter que finxilo).


Hai que chegar á xente que ignora no noso país o noso idioma. Á xente que ama o galego pero o garda na vitrina que só abre para as manifestacións e reunións galeguistas. Á xente que non o fala por vergonza. Hai que chegar a esa xente e dicirlles que o galego non é un matrimonio, un compromiso que os acompañe ata a morte. É a nosa lingua. E pódese usar tan ben como o castelán e non precisa que se fale as 24 horas do día. Pero se nesas mesmas 24 horas non se fala en ningunha estamos condenando un dos nosos valores fundamentais á morte. De feito non o estamos a condenar senón que aplicamos unha condena non escrita. Como postura responsable ante esta situación e movéndonos cos pés na Terra, considero que temos que prestixiar o noso idioma sen renunciar a calquera outro idioma que nos abra portas onde co noso non chegamos.


Recomendo a lectura seria desta entrevista onde Henrique Monteagudo fala do tema sen medo.

Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-04-2010 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Eu secundo a moción. Vivo de perto unha realidade mult#blgtk08#ilingüe...e non me vai mal de todo.

:)
Dixo Amauta Castro (30-04-2010 22:20)
2 O BNG, partido onde peor se fala o galego (se é que iso pode ser entendido como falar galego)¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿??????????, non vou dicir que Quintana sexa o novo Eduardo Pondal, ou que Santi Domínguez teña un nivel espetacular, pero comparandoos cos Abeles Caballeros, Corinas e Feijoos penso eu que aínda os superan..#blgtk08#. e xa non falo de López-Chaves, ou Carmelas Silvas.... E si ho, o monolingüísmo non sei quen o defende, outra cousa é que a xente teña como lingua materna ou principal o galego, e que a use de maneira normal na súa vida diaria en todo tipo de situacións, sen por iso descoñecer o castellano, inglés ou malasio.
Dixo jeko (30-04-2010 22:33)
3 Os das siglas nunca durmides. Que si, que si. Que un ca#blgtk08#ramelo para o teu partido. Sondes a hostia. Seguide así
Dixo Turonio (30-04-2010 22:36)
4 Creo que é un dos millores "posts" deste "blog". Directas e non indirectas, sen saídas pola tanxente. Coherente (coa lingua propia) e pragmático #blgtk08#(co mundo no que nos atopamos). Coas linguas un debería poder ser polígamo sen danar sensibilidades, outra cousa é que tinhas amantes preferidos.
Dixo Fodón (02-05-2010 13:58)
5
headphones by dr dre
dr dre headphone
dr dre headphones
doctor dre headphones
beats dre
all jordans
cheap jordans
air jordans shoes
jordans sale
authentic jordans
jordans
air jordan
air jordan shoes
jordans sneakers
air jordan retro 1
jordan retro 3
jordan retro 4
jordan retro 5
jordan retro 6
jordan retro 7
jordan retro 8
jordan retro 9
jordan retro 11
jordan retro 12
jordan retro 13
jordans 1
jordans 3
jordans 4
jordans 5
jordan 7 package
jordan 8 aqua
jorda#blgtk08#n 11 space jam
jordan 12 shoes
jordan 13 shoes
michael jordan 2010
jordan retro 1 shoes
jordan 1s
retro jordan 1
jordan retro 1
authentic air jordan 4s
jordan retro 4 shoes
air jordan 5 shoes
air jordan 11 shoes
air jordan 23
shoes
jordan spizikes
jordan spizike
nike air jordan
spizike
air jordan true
flight
jordan true
flight
jordan true
flights
rare air jordans
rare air
jordan rare air
air jordan 6 infrared
jordan 11 space jam
jordan 11 space jams
air jordan 12 rising sun
Dixo beats dre (22-04-2011 09:16)
E ti que dis?
Nome:
Correo-e: (Non aparecerá publicado)
URL: (sempre con http://)
E digo eu...:
© by Abertal