Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Transición no Nepal

Achego aquí unha sorte de crónica internacional do que está a suceder no Nepal.

Este mércores, dous días despois do pactado, os guerrilleiros maoístas do Nepal comezaron a facer entrega das súas armas baixo a supervisión de funcionarios das Nacións Unidas. O exército negular nepalí* comprometeuse a entregar tamén unha cantidade semellante de armamento á ONU.

Chégase a esta situación no contexto dunha transición entre o reinado de Dipendra e o que decida a Asemblea Constituínte que se formará nunhas eleccións este mes de xuño. Entrementres rexe o país un parlamento de 330 escanos liderado polo Partido do Congreso de Girija Prasad Koirala que conta con 75 parlamentarios.
As segundas forzas son o Partido Marxista-leninista con 73 asentos e agora igualará, ao saír da clandestinidade, co mesmo número de parlamentarios o Partido Maoísta.

A situación convulsa do Nepal ven de máis de 10 anos de enfrontamentos, nos que morreron encol 13.000 persoas, dos guerrilleiros maoístas co goberno.

A situación do goberno tampouco é de todo estábel pois ten un reino semi-independente no seu interior, frecuentes divisións internas e foi aínda superada en crueldade polo magnicidio do rei Bipendra no ano 2001. Este sucedeu nunha acción do seu fillo e despois herdeiro Dipendra no que matou ao seu propio pai para reinar e parte da familia real. O novo coroado Dipendra adxudicouse a si mesmo en febreiro de 2004 poderes absolutos. En abril dese mesmo ano 7 partidos da oposición e os guerrilleiros maoístas fixeron unha demostración de forza conxunta nas rúas das principais cidades do país e fortemente en Katmandú con manifestacións e folgas amplamente secundadas (na imaxe) e que obrigaron ao tirano-rei Dipendra a deixar o poder e cedelo ao parlamento interino actual nepalés*.

Este parlamento pactou a paz cos rebeldes maoístas e a súa integración no mesmo cunha forza, xa citada, considerábel. Na asemblea constituínte que saia das eleccións que se han celebrar este xuño decidirase o futuro do país, tanto a súa organización en República ou continuidade da Monarquía parlamentaria suspendida no 2004 primeiro polo rei Dipendra e logo polo seu desaloxo do poder por medio das mobilizacións sociais.

Gustaríame que fose do voso interese esta achega ao mundo exterior aínda que sexa dunha maneira bastante superficial. Da mesma maneira que me gustaría que algún nepalés* escribise sobre a actualidade galega algún día e ler un post no seu idioma algún día cagándose no PP por deixarnos en 3ª categoría co seu boicot ao noso estatuto. En fin, diso non quero falar.

*Os xentilicios galegos para os naturais do Nepal son: masc. nepalí / nepalés; fem. nepalí / nepalesa
Comentarios (1) - Categoría: Sen novidade no frente - Publicado o 19-01-2007 01:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Saúdos desde o sendeiro de Prachanda,
Após os días natalicios a escrita vénseme vedada por inda días ou semanas.
Sei que pouco se an#blgtk08#divo malia estarmos no devandito sendeiro, pero do que ficou atrás somentes eu resppiro lume e crebar das rosas macias.
Saudos patrioticos!
Dixo amauta castro (22-01-2007 08:57)
E ti que dis?
Nome:
Correo-e: (Non aparecerá publicado)
URL: (sempre con http://)
E digo eu...:
© by Abertal