Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Ialma, Nova Era
Ás veces pérdenme as ideas asilvestradas e escribo cousas que levan a que eu mesmo me cuestione que carallo estou cuestionando e que quero dicir con iso. ;)

Do que si podo escribir sen problema ningún é da música que coñezo e gozo.

Hai un grupo de galegas nacidas en Bruxelas, Ialma que son unhas auténticas virtuosas da música e do saber estar no mundo, onde quer que foren, sendo galegas e universais.
O seu estilo é unha evolución desde a música máis tradicional das pandereteiras até unha música que bebe desa tradición e se mostra actual e universal no seu último disco: Nova Era.

Gústame o título porque mostra o que son para min: unha evolución partindo dunha base recoñecida que é a nosa tradición músical. Pero interpretada libremente segundo o estilo que inspira o grupo.

Resulta que o vivir en Bruxelas non é atranco o suficientemente grande nestes tempos para que elas poidan facer música galega. Nestes tempos de culturas en contacto diario e continuo non debería sorprender a niguén. Isto non quita de valorar o esforzo que supón cando na nosa terra é contada a xente que se preocupa por cuidar, producir ou gozar cultura galega.

Se tendes ocasión, non deixedes de escoitar o seu disco.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-01-2007 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Quedei engaiolado por este grupo desde que escoitei a súa ve#blgtk08#rsión folk do Under the bridge (dos Red Hot Chili Peppers).
Dixo mendinho (10-01-2007 13:46)
2 Apuntada queda a recomen#blgtk08#dación, compañeiro,hehe.
Dixo A de Loureiro (10-01-2007 21:34)
3
eu non gosto ,uito do seu estilo mais recoñezo que é xenial que haxa fóra da galiza sensibilidade cara a nosa cultura fóra do qu#blgtk08#e habitualmente chaman "gallegadas" . Aída así turonio o do físico axuda bastante pra que gostes delas(ou da súa músca) ?heehehe unha aperta
Dixo arrigadeira (21-01-2007 08:44)
4 heheheh, Compañeira arrighadeira (dous puntos) saiba vostede que as rapazas que tocan son ben parecidas pero que cando oio a súa música non as #blgtk08#vexo diante. Polo tanto unha cousa non ten a ver coa outra. Outro galo podería cantar cun videoclip. Realmente gústame muito a música que fan.
Dixo turonio (23-01-2007 01:51)
5 Coach Outlet Online Like all handbag designers and Factory manufbasicrers, Coach Factory Outlet is not shy from#blgtk08# making mistakes within their Designer Coach Factory Outlet Online production or create more store than usual.
Dixo Louis Vuitton Outlet Online (08-11-2011 10:08)
E ti que dis?
Nome:
Correo-e: (Non aparecerá publicado)
URL: (sempre con http://)
E digo eu...:
© by Abertal