Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

As leis e o Galego
Hai xa tempo que dicía que a importancia de que haxa unhas leis que apoien o galego é unha axuda pero non unha solución ao conflito lingüístico. De feito cada vez que unha persoa falaba chea de fartura arredor da lexitimidade do galego en base a unhas leis españolas eu sempre puña cara de sorpresa. As leis mudan e a lingua é nosa. O galego vale para todos os feitos sociais porque é a lingua de cultura e comunicación de muitos galegos e de Galiza en xeral desde mil anos atrás. O español é unha lingua nobre como outra calisquer que goza dun estatos de superioridade económica es social na nosa terra e que temos que empregar para o noso beneficio pero nunca asumir como propia. Con pouco que nos poñamos teremos unha lingua propia e dúas linguas de difusión internacional a tiro de pedra que xunto coa aprendizaxe de inglés nos farán un pobo políglota con muitas máis posibilidades que por exemplo os orgullosos monolingües madrileños. Nós non somos o centro do mundo pero eles tampouco. Se queremos ser alguén neste planeta temos que falar máis lingua que a nosa pero nunca desatendela. Os madrileños do ejque e do ejpaña non se atreven nin a aprender galego ou catalán, canto menos inglés ou alemán... e se aspiran a ser a praia de Europa non me parece a millor postura.

Xa antes tiñamos unhas leis ben xeitosas no papel e inexistentes na realidade. As leis están agora mesmo por ser cambiadas. O vendaval Feijoo trouxo unha batasunización de Galiza. El pensaba que puña o termo en que saían desprestixiados os galegofalantes pero en realidade os que saímos desprestixiados coas súas madrileñas decisións somos todos os galegos. Se non podemos ter paz lingüística e o goberno fai o posible por rachar a convivencia entre as persoas que vivindo nun mesmo espazo físico temos dúas culturas diferentes é posible que cheguemos a un punto sen retorno onde o futuro sexa muito pior do que todos imaxinamos ata a chegada de Feijoo. O home da mangueira de xardín para apagar lumes no medio do monte trae muitos problemas e acaba coa xa mal levada convivencia na nosa terra. Esa mangueira recen estreada bota aceite, lixo, chapapote e polución pola boca mentres o home que viste a Ralph Lauren e pensa en madrileño sorrí para a cámara. O futuro muda, como as leis. Se queremos ter un futuro con opcións para todos os cidadáns de Galiza (non só son cidadáns os madrileños que se mudaron á nosa terra) o primeiro vai ser retirar a este prestigeiro do medio antes de que non poidamos saudar ao veciño porque fala a lingua dos que mandan e perseguen a nosa.
Comentarios (3) - Categoría: Diglosia - Publicado o 29-06-2009 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Boa reflexión (moi catalá). Do anterior post dicir que #blgtk08#non é unha perda de tempo escoitar ao Cabrera. Gostei!
Dixo amauta castro (30-06-2009 20:03)
2 Non penso que as decisións de Feijó sexan un acto de madrileñismo, ou mesmo de render gratitude aos urbanitas do partido fronte aos da boina. Feijó naceu nos Peares pero é un pragmático e quere gañarse o a#blgtk08#plauso e o voto dos "señoritos" que sempre tanto abundaron e abundan na xeografía galega. Non vai perseguir o galego directamente, simplemente deixarao morrer por inanición ao mais puro estilo neoliberal.
Dixo xm carreira (12-07-2009 17:24)
3


A favor do Galego... na Galiza
#blgtk08#>

http://cidadesurpreendente.blogspot.com/
Dixo Álvaro Mendonça (30-07-2009 09:37)
E ti que dis?
Nome:
Correo-e: (Non aparecerá publicado)
URL: (sempre con http://)
E digo eu...:
© by Abertal