Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

A defensa do español en Mos
A defensa do español foi o motivo argumentado polo número 2 do PsoE, Gerardo Alonso Porto, para abandonar o grupo socialista en Mos e pasarse ao grupo dos non adscritos. É consecuencia da criazón do Servizo de Normalización Lingüística do concello.

O concello queda cunha distribuizón de votos de: PP -8, PsoE-5, BNG-3, Grupo non adscrito do antigalego-1. Co cal o Jimenez Losantos e El Mundo, que non saben onde cae o concello de Mos, conseguen coa súa teoría da defensa do español por en problemas o goberno dun concello galego.

Claro que a distribuizón de votos no concello non ten por que ser unha consecuencia senón máis ben pode ser o motivo. O lector da prensa madrileña é posible que considere que o seu voto vale máis agora que antes.

Parabéns para os antigalegos e para os seguidores dos pelotazos: Gerardo Alonso é o novo líder. Desta volta antigalego e pelotazo fan elos da mesma cadea de españolismo. O resultado é a deterioración do goberno de Mos e o entorpecemento da normalización lingüística.

O concello que deu ao mundo a Uxía Senlle e Óscar Pereiro ten en incerteza o seu futuro.
Comentarios (4) - Categoría: Diglosia - Publicado o 21-08-2008 14:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Pues como me caen muy mal los fanatismos lingüísticos me alegro bastante de que haya más gente que no le gusten #blgtk08#las imposiciones. Además los ayuntamientos son unos pozos de corrupción, así por lo menos robarán otros... ;)
Dixo Gamberro (21-08-2008 16:30)
2 Mais... que imposi#blgtk08#cións hai en Mos?
Dixo Ghamberro (21-08-2008 19:29)
3 "Te va buena por Mos, o como a mi me ghusta dicir El Mos...Abráse visto cómo se discrimina la lengua cervantina...Si quieren tener referentes gallegos que piensen en Sir Paco Vázquez, Franco o el Ministro de Cultura"

Agora fora d#blgtk08#e coñas...tremendo País. Por certo, eu nas miñas vacacións ando polo lugar mosense de Herville de Abaixo (patria natal de Ada, a súa benquerida cuñada)

Por certo, benvido xa por estes lares. Eu tamén me poño aos pés da súa dona!
Dixo amauteiro (22-08-2008 08:07)
4 ...disque o oscar pereiro tamén firmou o "manifiesto en defensa de la lengua común"...

http://www.libertaddigital.com/sociedad/la-mujer-de-oscar-pereiro-te#blgtk08#-hablo-en-gallego-lo-prefiero-porque-nos-estan-acribillando-1276335259/

...que noxo de tipo, seghuro que está co gherardo alonso...


Dixo ghamberinho (26-08-2008 12:25)
E ti que dis?
Nome:
Correo-e: (Non aparecerá publicado)
URL: (sempre con http://)
E digo eu...:
© by Abertal