Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Morreu Moncho do Porrón
O mítico Moncho do Porrón e agora Rincón. Creador do "Moncho" un combinado esperimentado por festexeiros, tunantes, erasmus, reintegratas e folkis (e non necesariamente por esta orde) que na noite compostelán percuraron a calor deste teito da liberdade. O "Moncho" consistía, e agardo que siga consistindo, en misturar a crema de caña cun lixeiro chorriño de whisky. Era o contrapunto xenial á sempre empalagosa dozura da hortera crema de caña.

Pois vaia nova que trouxo consigo o dia de Santa Ana. Este home éravos testemuño de muitas noites de festa e, ás veces, mesmo se sumaba. Se non lle ía muito o roio só seguía mirando a tele.

Vendeume un dos piores bocatas da historia cun queixo ultra-amargo e un fósil de xamón e o seu local, o (máis) vello, caía a cachos pero estaba inzado de grandes momentos.

Para referencias "serias" desta nova necrolóxica ollade aquí o obutuario que lle fixeron os de El correo gallego. Topado en Chuza.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-07-2008 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 AQUÍ UN VECIÑO, ESE COMBINADO É CUTRE NA CASA DOS VOITRES, PERO INVENTEINO EU ,RAPAZOLO, E DEBE DE SER AO 50% DE PROPORCIÓN A C#blgtk08#REMA "RUADA" POR ACHOCOLATADA E O WHISKEY KNOCANDO OU GLENFIDDICH DE 12 ANOS MÍNIMO PARA DARLLE FUME ,E XA ME DIRÁS SE É CUTRE
Dixo DOCEASUBIO (27-07-2008 17:31)
2 meu benquerido e anónimo veciño: Que si, que non era un local de gourmets e o combinado... era unha da#blgtk08#s peculiaridades que o facían especial.
Eu teño mui bos recordos aló, e será que vou vello? ;)
Dixo turonio (27-07-2008 18:07)
3 Boas lembranzas, si
#blgtk08#> haberá que gardalas!
Dixo Antía (28-07-2008 21:23)
E ti que dis?
Nome:
Correo-e: (Non aparecerá publicado)
URL: (sempre con http://)
E digo eu...:
© by Abertal