Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

O son das campás
Igual que a xente que asubía polas rúas, cando era adolescente tiña o proxecto de escribir sobre o oficio do campaneiro.
Teño a sensación dunha certa mística envolvendo o son das campás. Cando non había internet, teléfonos, nin lerias diversas; abondaba un toque de campá concreto para saber se había unha muller parindo, un enfermo en problemas, un morto, unha morta, lume, algunha emerxencia ou simplesmente a hora da misa e na que se vivía.
Isto non é cousa do pasado. Na cidade de Vigo, tocan as campás desde o Centro Cultural e non de igrexa ningunha. Son grabacións enlatadas pero dunha certa calidade. Como anécdota dicir que ás 8 da mañán tocan coas campás a Alborada Galega de Pascual Veiga e ás dez da noite tocan Negra Sombra. Un detalle que pouca xente, viguesa ou non, coñece e que a min tanto me gusta.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-09-2006 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Pois si que é curioso o das campás en Vigo. O oficio de campaneiro está agoniza#blgtk08#ndo agora xa todo é automático, hasta nas igrexas das parroquias máis pequenas.
Dixo A Randeeira (28-09-2006 11:43)
2 No edificio de Correos da Coruña, alí á beira do mare ao mediodía sona unha Salve mariñeira.
E casualmente ao mesmo tempo a iso das dez o Negra Sombra enche as r#blgtk08#úas pra anunciar que xa hai toca recollerse ou para marcar o comezo, de quen coma min quere pasear de noite e retrasar a volta a casa.
Que cidades tan distintas!
Dixo Unha que aínda non foi a Baronha (28-09-2006 20:20)
3 Desde os vellos arxinas, até os campaneiros,desde bastabales ás canteiras furadas e aos buriles de Asorei.
Sempre #blgtk08#afiando o coñecemento, irmán Turonio!
Desde as cimeiras andinas este Amauta inda albisca o Medulio.
Saude!
Dixo amauta castro (29-09-2006 09:47)
4 Algo curioso aconteceu en Redondela durante os incendios. Debido a que se precisaba axuda porque os bombeiros non daban a avío, comezaron as campás a tocar a lume.#blgtk08# Iso si, ninguén soubo recoñecer o sinal... menos mal que os vellos entenderon a mensaxe, porque senón aínda están agora os bombeiros a agardar polos voluntarios.
Dixo Larvós (05-10-2006 19:19)
5 Certamente é un oficio rodeado de misticismo e que desgraciadamente se está a perder. Era moi curioso com#blgtk08#o se podía chegar a saber o que acontecía polo son das campanas...

Unha aperta.
:)
Dixo Marinha de Allegue (07-10-2006 21:02)
E ti que dis?
Nome:
Correo-e: (Non aparecerá publicado)
URL: (sempre con http://)
E digo eu...:
© by Abertal