Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

No hospital
Este é un post de acotío no hospital.

[Entra unha visita inexperada]

- E podo pasar?
[A xente sorprendida] - Pase, pase a vontade. Vaia, que sopresa!
- Pois si. Teño o carné de doador e entón deixanme pasar sen dar máis problema.
- O carné de doador? Pero se xa ten unha idade. [é unha señora de + de 70 anos]
- Si neno, pero cando era nova, así como 32 anos, recibín 3 transfusións de sangue que me deron a vida e desde entón decidín que o doaba todo.
- Eu téñolle o carné de doador de sangue.
- Eu sangue non podo pero o que doo son os órganos, hai xa ben de anos asinei polos riñóns. Como lles din? ah si, os riles e despois asinei polo pancreas, os ollos, o fígado... e agora estou pendente porque quero asinar pola pel e o cerebro, que me dixeron que era outro papel. Toma, mírame aí a data do carné.
[despois de mirar e remirar nun carné da xunta] - Pois non ten data.
- Tanto ten, é para que non teñan que pedir autorización antes de doar todo o meu corpo. Mira, tamén lle peguei unha notiña con todas as enfermidades que tiven e un telefono de contacto coa familia.
[faime coller a notiña, que a desdobro e realmente ten unha ampla lista. Devólvolla asentindo. A velliña solidaria comeza a ler, non sen pouca dificultade]
Rompí un brazo... [faime graza que o poña] Frecuentes catarros y gripes... [que riquiña é] Ictericia.... [soa algo chungo] Tumor en la lengua [mimadriñaquirida] Poleomeritis... [Mecaghina] Tifus... [definitivamente, que bastada, e a lista seguiu con cousas irecoñecibeis para este seculo e esta zona da terra]

E iso que é unha señora dos Juanatey de toda a vida, boa familia viguesa. Se a esta xente con recursos tocoulles a Tifo non quero imaxinar o que lle pasaría aos máis humildes. El é que agora somos muito máis cuitadiños do que eran os nosos vellos. E aínda algún mira pra eles con cara de moca cando os mira pasar tan despaciño e desvalidos.
Os nosos vellos son de ferro!!!
(xa veremos co tempo a calidade que temos nós)
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-12-2007 20:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Jajajaja! Que bo o post! Fixéchesme lembrar á miña avoa... A señora ten os seus setenta e pico de anos pero aínda xoga connosco ó tenis e se mete na praia coas nosas colchonetas...

Logo chegas o domingo á súa casa e preguntas: "Abuela, ¿que tal?". "¡Ai, filliña! Dóeme toda a espalda por aquí, e os ombros, #blgtk08#e os brazos...!" E entras no baño e ves que ten algo distinto.. ¿A cor das paredes? ¿A cenefa azul? ¿A disposición dos mobles?

"Non, é que andiven pintando o outro día e xa de paso cambiei todo... ¿Gústanche as cortiñas novas? Fíxenas cunha tea que atopei no altillo da sala"

Sonche de ferro!
Dixo Mar e Lúa (28-12-2007 01:53)
2 Son de ferro, son. Que bo ter tempo para lervo#blgtk08#s.Saúde e saúdos desde unha galaxia paralela:)
Dixo Antía (14-01-2008 20:29)
3 semella que a medicina popular ha de dar máis re#blgtk08#sultados que a medicina oficial, e senón ó tempo
Dixo manel vazquez (23-01-2008 13:20)
4 Pois sim, a verdade é q não estamos feitos da mesma pasta e isso sábe-se rápido não vamos a durar tanto coma eles nem d#blgtk08#e conha!

Eu também tenho o carnet de doante de órganos xD a ver quanto me queda sám quando faa falha :P
Dixo raparigha (24-01-2008 00:43)
5 hand#blgtk08#bag
Dixo Coach Factory Outlet (08-11-2011 10:10)
E ti que dis?
Nome:
Correo-e: (Non aparecerá publicado)
URL: (sempre con http://)
E digo eu...:
© by Abertal