Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Buscando alcuño para a selección
Todos con ela!
Pois si, ándanse a erguer os ánimos paseniñamente con motivo do partido da selección nacional contra a de Camerún o próximo xoves 27 (en Vigo, Balaídos). Nos últimos 3 anos asistín a este encontro e sendo este no meu Turonio natal asistirei con igual ansia pero con maiores facilidades loxísticas. Creo que vou ir á grada de Tribuna pois ben o merés a ocasión e é por onde se decantaron algúns coleguitas.

Os de Vieiros, sempre tan activos e creando que esta máquina, ás veces, enferruxada que é a rede galega adquira movemento e dinamismo. Con discusión, xerazón de noticias... vamos, dar vida a algo que non está morto pero que coma sempre hai que darlle un pequeniño empurrón. Normalmente as noticias veñen con acentos extranxeiros embasadas ao valeiro e xa plastificadas aos gustos doutros (ou de ninguén como sucede no Faro de Vigo) e en Galiza temos iguais ou millores (en trascendencia) noticias que noutros centros de difusión de contidos pero hainas que facer rodar e ás veces é máis fácil traducir o que xa vén feito ou dar un punto de vista máis próximo sobre estes contidos... tales coma a omnipresenza de ETA nos nosos contidos cando... algunha vez atentaron en Galiza? É un dos 10 problemas máis importantes para os galegos? Tais como a escaseza e precariedade do traballo, o urbanismo, os localismos, a corrupción política, a lingua, o abandono do rural, o botellon, infrastruturas deficientes ou inexistentes, dificultade para o acceso ás tecnoloxías, transportes públicos, prezo da gasolina, da vivenda, do pan, o pouco que se paga polos produtos do canpo e o caros de que venden logo...

Antes de coller esta estrade de circunvalación dirixíame a louvar aos dinamizadores da rede galega e de Vieiros, neste caso, porque crean contidos das mais diversas indoles e neste caso un tan normalizador da nosa realidade como os alcuños que lle pomos á selección. Igual que aquí cada quen ten un galego diferente todo o mundo se refire aos nosos con diferentes epítetos ou supostos tituliños dignificadores ou retranqueiros aseghún o ánimo.

Gosto por uns ou outros motivos destes que máis ou menos xa saen aquí e agardan os nosos votos.

Encabezan a votación:

Irmandiños (eu prefiro a Santa Irmandade, xa que irmandiños é como os chamaron os que os venceron e este era o seu nome)
Tropas de Breogán (un clásico)
A Pataca Mecánica (nunca se pode deixar de lado a retranca)


Gosto particularmente de:

A Santa Irmandade (soa mui ben)
Os Boureadores da Bóla (mui propio)
Os Toxos e Flores (recollendo unha longa tradición con este binomio)
A Lufada Galaica (así como a viciña marea roja que nos fode os mexillóns)
A Labarada Galaica (Labarada é esa palabra telúrica do andazo do terror, o catástrofe...)
Os Licorcafeinados (Porque ese é o destino final da maioría dos siareiros que se darán cita unha vez máis)

Algunha proposta para pór aquí? Pero non vos esquezandes de póla tamén aquí.

Adiante Selección Galega!!! Adiante coa Rede Galega!!!
Comentarios (8) - Categoría: Sen novidade no frente - Publicado o 19-12-2007 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 Forza Pataca Mecánica!
#blgtk08#
Non?

:D
Dixo Nacho (19-12-2007 22:21)
2 Toxos e flores pouco orixinal...entre patac#blgtk08#as, labaradas ou lufadas andamos. Ate xa!
Dixo As de Barna (20-12-2007 14:03)
3 Os que representan aos galegos sin falar galego#blgtk08# nin saber o himno. (Salvo contadas excepcions)
Dixo (20-12-2007 21:10)
4 Os que representan aos galegos sin falar galego nin saber o himno, (salvo contadas excepcións)
Fun o ano pasado a ver o partido e levei unha gran desilusion, porque eso nin era seleccin #blgtk08#galega nin nada de nada. Era unha seleccion de xogadores que naceran en Galicia. Os siareiros, moitos que o que ian era ver un partido de futbol sin importarlle moito o significado do partido
Dixo Pau (20-12-2007 21:14)
5 Eu son das Tropas de Breogan...Pero sei que pode ser#blgtk08# algo ranzo.
Hehehehe

Saudos!
Dixo amauta castro (22-12-2007 10:43)
6 Por certo, que se me esquecia.
Ten un boleto para o SORTEO CM DA AMIZADE GALEGO-#blgtk08#PORTUGUESA polo teu comentario feito na miña bitácora.

Apertas mariñeiras
Dixo Homesdepedra (22-12-2007 19:21)
7 desde luego, últimamente politizamos todo. Un partido #blgtk08#de fútbol es simplemente eso, un partido, un deporte.
Dixo david (23-12-2007 14:15)
8 Sempre hai xente que non se suma a festa #blgtk08#pero a festa facémola para pasalo ben :)
Dixo turonio (23-12-2007 14:35)
E ti que dis?
Nome:
Correo-e: (Non aparecerá publicado)
URL: (sempre con http://)
E digo eu...:
© by Abertal