Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Tradución ou diferente?

Muito teño lido sobre se se o mesmo autor dunha creación literaria é o seu propio tradutor a outro idioma que domina suficientemente é tradutor da obra orixinal ou creador dunha obra nova. Finalmente non me queda claro se a "tradución" que artella é unha obra nova inspirada na primeira ou unha tradución do mesmo autor.

Cada vez inclínome máis a pensar que as traducións de literatura, feitas ou non polo autor da obra a traducir, son sempre reelaboracións do texto con achegas novas diferentes do orixinal. Isto en poesía é indiscutíbel pois hai que escoller entre a tradución literal dunha metáfora ou unha metafora paralela adaptada culturalmente que leve á mesma imaxe.

Si, pero se levamos isto de que por máis que for o mesmo autor o que a traduza dá luz a unha nova obra ao estremo... Poderíamos dicir que cando estamos a falar en castelán, inglés ou calquera outra lingua que dominemos suficientemente e non sexa a nosa estamos a ser outra persoa? Elaborando outro personaxe/personalidade? Outra vida?

Cando falamos unha lingua que non é a habitual estamos a traducirnos ou estamos a ser outra persoa? Quitando sempre o caso das persoas bilingües harmónicas, que disque existen.

Meu Deus, quedei mui raiado con este pensamento desque chegou á miña cabeciña. A ver se chega pronto a fin de semana!
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-11-2007 20:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Dixo un escritor o outro día que sempre explicaba as traducións dun xeito: el dáballe ao tradutor un vaso cheo ate arriba de auga, en cada tradución asumía que ía haber "danos colaterais"...de cada volta unhas pingas co paso do vaos de man en man pois si que caían#blgtk08# por fóra. O pensamento ese ao que chegas...home, ser outra persoa non creo, simplemente traducimos o noso discurso á lingua allea e pérdense matices, os nosos,os persoais...quizais esváese un chisco do que somos, pero só unha pinga.
Be water,my friend :)
Dixo Antía (29-11-2007 22:24)
2 Na miña humilde opinión, (tendo en conta que falo como faladora e como falante que son, e non como lingüista, que non o son)... está claro que pensamos como falamos, e non ao revés, a fala é un xeito único e particular de ver o mundo e de relacionarse con él. Cando falamos out#blgtk08#ra lingua que nos é allea... somos outra persoa. Temos que pensarnos a nós mesmos dúas veces, unha na nosa lingua propia e outra na lingua allea, traducíndonos a nós mesmos nun acto case de alleamento propio.
E xa de paso.... non creo que exista o bilingüismo armónico.
Dixo Patrieira (30-11-2007 12:17)
3 Concordo con Patrieira. O bilingüísmo harmónico non pode existir porque non pode haber harmonía entre dúas linguas no maxín. É dicir, pensamos nunha soa lingua, falemos as que falemos. Sempre haberá unha que #blgtk08#prevaleza sobre as outras. E velaí a nosa esencia. Cando falamos linguas diferentes da que pensamos non creo que sexamos outras persoas, pero como ben dicía Antía, perdemos un chisco do noso ser máis íntimo.
Dixo o refraneiro (30-11-2007 13:30)
4 Moi reflexivo atopo eu a meu irman Turonio. Eu concordo co comentado en xeral, mais...
A miña unica pregunta poder#blgtk08#ia ser se o facha que escribiu algun comentario nesta paxina ten tamen a mesma capacidade de reflexion...
Saudos!
Dixo amauta castro (01-12-2007 10:47)
5 Non creo que sexamos outra persoa por falar outro idioma. Seremos a mesma persoa pero má#blgtk08#is restrinxida e menos libre por non poder expresar ó cen por cen os nosos pensamentos.
Dixo paideleo (02-12-2007 00:21)
6 Coach Outlet Online Like all handbag designers and Factory manufbasicrers, Coach Factory Outlet is not shy from#blgtk08# making mistakes within their Designer Coach Factory Outlet Online production or create more store than usual.
Dixo coach outlet online (08-11-2011 10:01)
E ti que dis?
Nome:
Correo-e: (Non aparecerá publicado)
URL: (sempre con http://)
E digo eu...:
© by Abertal