Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Cada día somos máis
Arriscados revolucionarios buscando solucións a instintos primarios
(o blogomillo coñecido son 4512 blogues)

É a mensaxe esperanzadora e final da páxina que en Blogaliza dedican a recoller a case totalidade do Blogomillo.

E a imaxe, que non ten nada a ver co anterior, é a proba fotográfica dun acto subersiviño que tivo lugar en Lugo (intramuros) nas festas do San Froilán, para máis seña. Infórmanme pola banda do alto Miño que apareceu un retrete no medio dunha concorrida rúa e malia a que tiña unha foto das súas maxestades reais (do oriente pero non muito) a multidão foi incapaz de conter os seus efluvios primarios que atoparon cauce natural no improvisado wc. Como sabemos que a multa por queimar certas imaxes cotízase ultimamente á alza e descoñecemos a canto se cotiza o refresco ouriñario de tales imaxes permitan que exiba esta proba da escesiva inxesta líquida buscando improvisada e antimonarquica solución adubiada cunhas fermosas espirais nas cariñas dos aliviados revolucionarios.
Comentarios (4) - Categoría: Diglosia - Publicado o 22-11-2007 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Que real descanso para eses ríos caudais das oprimidas vixigas galegas!

Haberá que mirar a Lei Corcuera ou algunha desas leis "bizarres" españolas para ver canto vale a mexada (e se hai recargo por ser as fes#blgtk08#tas de Lugo.

De todas maneiras, vexo ben a acción das ONGs urinarias, porque é escandoloso que non haxa mexadeiros públicos cando tanta necesidade hai.

Nin mexar nos deixan!

Xiao
Dixo XiaoRoel (22-11-2007 13:22)
2 Oe, foi ver a foto e entráronm#blgtk08#e unhas ganas tolas de mexar!
Dixo o raposo (23-11-2007 20:27)
3 jajaja, fiquei parbo ao ve-la foto, moi boa si señor...

saúdos !!


P.D. entereime que tes unha ligazón ao meu blogue, graciñas por engadirme na túa lista, p#blgtk08#or certo, o blogue chámase "A ponte vella" non "Pontevedra é boa vila, a ponte vella" ese é un subtítulo que vai mudando de cando en vez.

un saúdo e graciñas de novo
breo
Dixo breogain (24-11-2007 16:38)
4 E digo eu que si eres de estes que lles costa mexar, e#blgtk08#ste real wc podeche decir aquelo de: Te quieres mear!!
Dixo Pau (24-11-2007 22:01)
E ti que dis?
Nome:
Correo-e: (Non aparecerá publicado)
URL: (sempre con http://)
E digo eu...:
© by Abertal