Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Oito
Suxeríranme varias persoas que me únise coma un elo máis desta cadea do blogomillo que poderíamos chamar Meme do 8. Recordo agora mesmo a Pau e Anxélica pero non sei, agardo que non pero ultimamente non ando muito por estes vieiros, se mo suxerira algunha outra man tecleante. Pido desculpas de antemán por se así for.

Pois ben, isto de deixar o cu ao ar cando un leva este blog coa sua discreción é algo que custa aberto pero ala vai. Agardo non defraudar a quen se mire interesado en saber este tipo de interioridades.

Das oito cousas que asinalaría unhas nacen das outras e todas vense entrelazadas ao máis puro estilo dos entrelazados céltigos. A primeira é unha medida pola cal todo se valora: o Tempo. Xa di o refrán "tempo é diñeiro" e eu son celoso defensor da liberdade do meu tempo para empregalo asegún me poida parecer. Isto pasa pq nesta vida ninguén é dono do seu tempo ao cento por cento e eu gosto ter tempo para min e para muitas máis cousas.

Do tempo nace a segunda: os Amigos eu sempre distribuín o meu tempo libre case a terzos entre amigos, durmir e adicarme tempo a min mesmo. Realmente teño a sorte de gozar de máis amigas que amigos e polo xeral podo escollelos eu, que ás veces nin escoller un pode.

Do tempo e dos amigos náceme a terza cousa a salientar que é o tempo da tranquila soidade vén a ser o primeiro sen o segundo. Gosto desta tranquila soidade para pensar, escribir, ler o blogomillo, oir música, mirar videos, inventar cousas novas ou simplemente ollar pola miña xanela.

Hoxe descubrín que adoito escoitar música apenas cando estou só pero non exclusivamente. Eu sempre fun folki e como para non selo se os meus anos de acordar adolescente cadraron coa eclosión do mellor momento da Música Galega con aqueles Berrogüetto, Luar na Lubre, Violia, Leilia e (a vítima do ostracismo da nosa música) Carlos Núñez. Pero tamén a vivo en público desde sempre e agora máis ca nunca. A ver se lle dou uns pasos algún día en público! O de tocar é algo que non fago habitualmente por amor á humanidade, hai algún que se encargou sempre en deixarme esta parte bastante nidia.

E o lugar máis musical que coñezo é Compostela. Non é este o seu momento máis fachendoso, hai quen acredita que vivimos nun declive cultural da cidade, pero reborda musicalidade por tures. E é o lugar onde eu máis gozo destes momentos musicais.

Gústanme até condicionar amplamente a miña vida o Galego e Galiza. A miña lingua e o grupo social en que me considero parte. E non van para min nunca por separado pois se que me gustase o galego non condicionase a miña vida cotiá tampouco o faría que a miña nación non sexa algo recoñecido por todos nin polas leis. Ese proceso de cambio e de reinvidicación do que é noso e non nos queren dar é lírica pura. Contradición máxima e movemento. Porque as cousas nunca van quedar como están e nós somos axentes do cambio do estatus da lingua e do país.

E para finalizar dicir que o que máis me gusta nesta vida é a xente e considero que é a convivencia e a sociabilidade a que nos fai pensar, evoluír... as contradicions son toda unha arte e sen comunicación habería pouquiñas de todo. Gústame falar con todo o mundo e dificil é que un descoñecido que se dirixa a min non sexa ben tratado ou respondido, gústame darlle unha oportunidade sempre á xente e con ela á vida. Outra cousa é andar a perder o tempo.

E bo, xa que a min me enlearon nesta tarefa eu convido a que fagan novo elo na nosa cadea a Nacho con queixo, Palabras de Amauta, Próxima estación Valldaura , Diatonia, Unha Leituga en apuros, Fecham-me com mil candados mas esquecem que sou a chave e Bulir como o vento do Nordés. Que non son oito mais case
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-11-2007 04:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Un meme fantastico, Gustoume moito. Gustame a parte na que falas de Santiago, lugar donde sempre estiven de paso, pero no que gustaría de #blgtk08#vivir. Pasear polas suas rúas e parar nas suas tabernas, podo asegurar que é algo que che transporta a un estado de relaxación permanente.
Dixo Pau (16-11-2007 21:55)
2 Apreta, amigo. Difícil t#blgtk08#arefa que me encomendas.
Dixo A de Valldaura (18-11-2007 00:10)
3 Concordo. Será por isso que orgul#blgtk08#hosa me incluo na segunda cousa.
Dixo CasaLupita (19-11-2007 13:45)
4 eu nn sei se cumplirei co convite ,despois de meses sen escribir no blog...mais se cadra e unha boa maneira de retomar aes#blgtk08#crita.
Declive cultural/musical? ai está a jarla rexurdindo das súas cinzas para paliar algo esedeclive ;P Bicos¡
Dixo arrigadeira (20-11-2007 12:58)
5 Ai esa jarla da xingra!que gran grupo...que re#blgtk08#xurda que hai fans agardando, facede o favore!
Dixo Antía (23-11-2007 17:31)
6 Coach Outlet Online Like all handbag designers and Factory manufbasicrers, Coach Factory Outlet is not shy from#blgtk08# making mistakes within their Designer Coach Factory Outlet Online production or create more store than usual.
Dixo Coach Purses Outlet (08-11-2011 10:04)
E ti que dis?
Nome:
Correo-e: (Non aparecerá publicado)
URL: (sempre con http://)
E digo eu...:
© by Abertal