Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Vespera da vespera
Aqui andamos todos estresados e non é pola vinda de el-rei á nosa capi da man de Zp. Trátase dun ano máis dunha tradizón mui persoal: acudir a Santiago polo día da pátria galega. Creo que levo desde o 95 asistindo cunha soa ausencia do 98 por estar a facer o camiño. Pilloume daquela en Carrión de los condes e aquilo resultoume mui duro pero coma o camiño ten algo de máxico cando estaba tirado na liteira a tentar pasar o día coa mínima consciencia del comecei a oir sons de gaita naquela paraxe rural no medio da sempre amada ;) Castela. Pensaba que me estaba a afectar de máis e tiña alucinacións auditivas. Non era o caso. Pola porta do hospital de peregrinos pasou desfilando a banda de gaitas de Castro Bergidum, todos sabemos que é a banda de gaitas de Ponferrada non é :P? pois ese mesmo ano viñeran grabar un disco folk a Vigo un grupo de Ponferrada chamado Aira da pedra e pasaran noite en cas da Raquel e festa con ela e comigo durante días e días. Eles dicían timba. Foi unha experiencia única coñecer a esa xente. Son das terras da Galiza irredenta. Tan só 3 sabían falar galego e deles só un o facía alá e outro facíao connosco por ser estudante en Santiago. Pois ben, estes rapaces tocaban tamén na banda de gaitas Castro Bergidum e de ser un día horríbel nun ningures castelán pasou a ser un reencontro feliz no medio da nada. Do máis emotivo e con algunha que outra ranciada patriótica con irredentos para amenizar a velada.
Non sei cando deixarei de ir ao 24 e 25. Só sei que espero que sexa por algo bo e que non sinta o baldeiro que sentín a única vez que fallei.
Anímovos a todos a ir a Santiago polo 25!
Saúde e Terra, venceremos nós!
Comentarios en Livejournal
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-07-2004 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
E ti que dis?
Nome:
Correo-e: (Non aparecerá publicado)
URL: (sempre con http://)
E digo eu...:
© by Abertal