Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Pontevedra e Vigo
Tan perto e tan lonxeVigo e Pontevedra, as dúas cidades máis importantes da miña provincia están condeadas a se entender. O problema é deixalo para máis tarde. Sempre están a deixalo para a próxima pero é unha grande irresponsabilidade se tomamos en serio o noso papel no mundo.

O que acaba de dicir o alcalde de Vigo esta mañán é ridículo. Levabamos unha semana co ruxe-ruxe que Vigo e Pontevedra habían compartir area metropolitana e hoxe á mañán e falando español vén o alcalde de Vigo a dicir que non. Isto soa a capricho cativo, pequeneiro e localista. Se os dous concellos meirandes da provincia distan entre si menos de 12 Quilómetros cómo pode ser que en vez de cooperar se viren as costas? E non é cousa de pérfidos administrativos na escuridade dos seus gabinetes, non. É o que di un cargo público que foi escollido pola xente do seu concello. Terá toda a autorización polo seu cargo para facer esta treizón á súa xente pero eu négome a que teñamos que agardar a que pasen, se cadra, 30 anos e volva saír por obvia a posibilidade de construír xuntos o noso futuro.



Non só é que haxa menos de 12 kms entre os lindeiros dos dous concellos senón que compartimos ría! A parroquia de Pontesampaio é de Pontevedra e está na Ría de Vigo!! Eu non sei en que está a pensar o papaxoubas do alcalde. Ás veces tárdase máis en ir dunha parte de Vigo a outra que en chegar a Pontevedra.

Eu sempre bromeo cun meu compañeiro pontevedrés cando digo que Pontevedra é o barrio pijo de Vigo e el mui acertadamente respóndeme que estou equivocado e que realmente Vigo é o cinturón industrial de Pontevedra. Tanto ten unha ou outra, o que está claro é que estamos mui
próximos e, quer queiran quer non, témonos que entender. E non o deixemos para outra que son muitos cartos e oportunidades de futuro para as cidades e a súas xentes as que se perden. Xa o dicía a cantiga, e antes da ponte de Rande:

Vexo Vigo, Vexo Cangas
Tamén vexo Redondela
Vexo a Ponte de Sampaio
Camiño de Pontevedra
Comentarios (4) - Categoría: Mapas - Publicado o 09-08-2007 14:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Canta razón levas. Os políticos minifundistas é o que teñen. A mostra é que temos 315 concellos, moitos deles inoperantes por falla de recursos por carecer dun número de habitantes capaces de soster, por exemplo, un corpo de policía municipal. Emporiso, se por exemplo os catro concellos do Morrazo se uniran, teríamos#blgtk08# unha entidade de poboación de máis de 80000 habitantes (máis que Pontevedra), suficiente para soster servizos compartidos moito máis avanzados dos existentes. Pero non, vivimos afogados entre o parroquianismo duns concellos ridículos e unhas deputacións nada representativas. Pulo ás bisbarras! Abaixo as deputacións!
Dixo O'Padín (09-08-2007 16:19)
2 Non sabía eu dese muxido do alcalde vigués. Brigado pola información.
Estará poseído polo espírito de Leri e sairá cun cartaz #blgtk08#de "Vigo provincia YA"?
Apaleará mulleres en Top-Less en Samil?
Menuda rolda de alcaldes que leva a túa cidade!
Dixo Nacho (10-08-2007 04:43)
3 Lastima que outra vez máis os politiquillos non esteñan a altura dos seus cidadáns. Mal empeza o sr Caballero.
Non so debería de formarse dunha vez as areas metropolitanas, senon que deberían de empezar a refundarse mo#blgtk08#itos concellos, para evitar esa autentica sangría economica que significan os pequenos concellos.
Pasa donde eu vivo, Corcubion, que debería de xuntarse con Cee e incluso con Fisterra e Dumbría para mancomunar servizos
Dixo Pau (16-08-2007 21:53)
4 ás veces parece que queremos ser habitantes dun dos millores museos, ou parques temáticos, do mundo e non é así. Vivimos no mundo real e queremos ser for#blgtk08#tes!
Para iso hai que xuntar forzas e optimizar recursos e non andar con que se Vigo contra Coruña ou Muros contra Noia... Sonche cousas de parvos
Dixo turonio (17-08-2007 02:42)
E ti que dis?
Nome:
Correo-e: (Non aparecerá publicado)
URL: (sempre con http://)
E digo eu...:
© by Abertal