Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Os 7 horrores de Galiza
Toralla
Anda a xente a buscar as sete marabillas do mundo e non tardamos muito en atopar quen busca as sete marabillas de Galiza. Non serán poucos os que digan que é unha adaptaión improvisada á nosa cultura de algo universal. Non é 100% certo. Xa se fixera nun texto do Licenciado Bartolomé Sagrario de Molina que publicou en 1550 na súa famosa “Descripción del Reino de Galizia y las cosas notables del” e que logo Pascanio Seguín fixou no século XVIII en sete, como as marabillas do mundo e as provincias do reino. Interesante artigo sobre esta precuela do tema pode ser lida aquí.

No Blogue de Anxélica xa se nos falaba hai tempo desta pescuda mundial e se suxería unha outra adaptada ao noso contorno. Tamén andan na allada os da Voz de Galicia co aliciente da ampla participación. Hai diferentes propostas en positivo pero qué máis galego que miralo do revés?

Pois aquí temos unha enquisa portuguesa onde buscan os 7 horrores de Portugal. Que máis propio de nós que virar unha busca que comezara sendo das 7 marabillas do mundo nunha busca dos lugares máis horríbeis da Galiza?

Isto é o que propoño. Que sinalemos os lugares máis difíciles de ver da Nosa Terra, habelos hainos. Mesmo valerían os mais surrealistas, xa estou pensando na cascada do Ézaro que está fodida por unha minicentral malia a que hai quen se alegre de que os domingos, nunha hora determinada é aberta para goce de quen a queira mirar. Esta que era a única desembocadura dun río europeo en cascada.

Eis a miña proposta dos 7 horrores de Galiza:

- A Celulosa de Pontevedra

- O edificio da illa de Toralla (na foto)

- A finadiña da cascada do Ézaro

- A central térmica de As Pontes

- O conxunto industrial de Cerceda, mina, Central Térmica de Meirama, Sogama... menos mal que lles puxeron tamén un parque acuático para compensar!

- O urbanismo desmesurado de Foz (e a costa en xeral)

- A cobertura cutrirma que lle puxeron ao Dolmen de Bombate.

Pero seguro que esta non ha ser a versión definitiva. Tal como se ten feito milleiros de recompilacións de exemplos de feismo e a pobreza dos meus coñecementos haberá muitos máis exemplos e muito máis chamativos. Queimádevos a gusto que por aquí non pasan os fodechinchos e non todo o vamos ter bo na terra dos mil ríos.
Categoría: Sen novidade no frente - Publicado o 27-06-2007 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal