Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

A casa de Yasser Arafat
Cambiou o mundo, compañeiros e compañeiras. Muitos de nós respectamos ao compañeiro e finado Yasser Arafat e non pola súa postura de defensa do islamismo. El nunca foi deses, coma Sadam Huseim pretendía un futuro laico para a súa nación. Hai tempo que a laicidade é sinonimo de prosperidade no mundo e chegou a nós este concepto polo filósofo español Averroes. Un esclarecido musulmán que dicía que a ciencia vai por un lado e a teoloxía por outro, que non tiñan por que se meter a unha no campo da outra.

Eu tiven parentes carlistas que fixeron algún mini-levantamento nas terras da Lama cando foi o seu tempo pero ese fanatismo relixioso foi deixando pasar ao progreso.

O mundo combativo musulmán debátese agora mesmo entre alcanzar a súa dignidade baseándose no benestar e autoestima das súas nacións ou entender todo ese océano de identidades coma partes dunha única nación baseada no culto a un Deus diferente ao do opresor. Estes últimos teócratas do mundo, xunto coa resistencia tibetana aínda que non teñen muito que ver entre si, son os malos de todas as películas. Veñen a suplir aos comunistas e aos anticolonialistas doutrora en muitas funcións. Ás veces dunha forma pacífica e outras dunha maneira bisceral. Hoxe a mirada dos que cremos que as persoas debemos ser libres para integrarnos, ou non, en nacións que nos faciliten a habitación no mundo fica, doída e doorosísima, posta sobre Palestina.

Os dous modelos de emancipación árabe enfrontanse a tiros nas rúas de Palestina mentres os seus verdadeiros inimigos frotan as mans e véndenlles armas.

Quixo o Azar, Deus ou Alá [hai para todos os gustos] que vexamos o exemplo máis doente da división dos pobres, oprimidos e sedentos de redención pelexando entre eles até o exterminio. Mirádeo todos ben, pq iso mesmo podería estar pasando aquí cos nosos individualismos e personalismos. Mentres as forzas liberadoras se eliminan entre elas os verdadeiros amos e señores van de vacacións e deixan de se preocuparen por si mesmos para ver como os seus inimigos e opositores non son capaces xa non de chegar a unha avinza proveitosa senón a unha mínima convivencia.

Eu dígovos hoxe, que cando vexo Gaza islamista e Cisxordania nacionalista estou mirando as pugnas dos diferentes movementos de emancipación galegos. Miro morrer ao compañeiro Michael Collins, a Gandhi, a Nelson Mandela, a Xesus Cristo e a Castelao lonxe da Terra. E folga dicir que non é agradábel. Polo tanto, non esquezades nunca que o camiño que hai tempo collemos non é pola percura da gloria persoal nin pola superioridade das nosas arelas senón porque é o camiño da liberación dos oprimidos e da igualdade entre os pobos. E neste camiño as persoas somos menos que formigas e os partidos e correntes ventos suaves que ás veces nos levan con temón firme na boa corredoira e outras fan que nos perdamos en disputas xordas.

Hoxe hai guerra en Palestina e posibelmente haxa unha ruptura definitiva entre Gaza e Cisxordania. Que serva de exemplo para que ninguén pise con rancor as inocentes pedras da casa do noso Yasser Arafat.
Comentarios (0) - Categoría: Sen novidade no frente - Publicado o 17-06-2007 19:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
E ti que dis?
Nome:
Correo-e: (Non aparecerá publicado)
URL: (sempre con http://)
E digo eu...:
© by Abertal