Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Tarde virá o sombreiro que non teremos cabeza
que merda de tempoEstou no meu primeiro semi-dia-libre e cadra coa lúa nova. Mui poético si, pero non para de chover. Minto. Chove, non-chove, chove. Coma se fose unha reiteración da mesma realidade incómoda todos os días. A min non me levou á amargura pero sei dalgunha amiga que colleu unhas vacacións na soleada Catalunha (é o nome oficial no Val de Arán e por proximidade cultural gústame chamala así) e pillou un avión para botar uns días de sol e praia na Galiza e está como peixe na auga. Cuitada!

Hoxe oín de novo ese refrán que di: Tarde virá o sombreiro que non teremos cabeza e fíxome graza xa que acae perfecto a este tempo de primavera, case verán, anubrado e frío.

O tempo está falcatrueiro, case tanto como os xornalistas que están a repetir todo o día que hoxe fan 30 anos das primeiras eleccións libres en España. En Galiza a ANPG, o que hoxe é o BNG, era ilegal e non se puido presentar ás eleccións polo tanto menos mirar realidades creadas e alleas e vexamos as cousas como son. Hai 30 anos había partidos ilegais e ilegalizados [como agora] e iso nunha democracia non é nunca viábel pois as ideas son libres e non lles hai que por portelos.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-06-2007 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 totalmente de acordo coa conclusión e coa foto que f#blgtk08#as de hai trinta anos. tanto baúl dos recordos fede!
Dixo Henrique (15-06-2007 21:41)
2 Como di un colega meu: "Que otoño máis bonito temos estes días".

Eu non me enterei moito do dos trinta anos, porqu#blgtk08#e non tiven nin tempo de ver a tele... Pero podo imaxinar como foi a cousa esta dos trinta anos, e solidarízome con todos, jejeje
Dixo Mar e Lúa (18-06-2007 12:37)
3 No fondo as veces ainda que un partido seña legal, hai quen che trata#blgtk08# como un apestado. Senon que lle pregunten a Nafarroa Bai ou a Aralar
Dixo Pau (18-06-2007 22:06)
E ti que dis?
Nome:
Correo-e: (Non aparecerá publicado)
URL: (sempre con http://)
E digo eu...:
© by Abertal