Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

ETA es una gran nación, Rajoi dixit
Muito lle amola aos nenos cando lles falan dos comentarios de texto. A verdade que é algo interesante sempre e cando haxa algo que comentar. Este é o millor texto do mundo para un comentario de textos político de actualidade.

[Contexto: A ETA anuncia que racha o seu cesamento do fogo e o presidente do goberno español e o presidente do partido maioritario da oposición reúnense luns seguinte. Logo da reunión a vicepresidenta fai unha declaración sobre os temas tratados e o lider do partido da oposición tamén. Nesta declaración o lider da oposición pronuncia esta mensaxe]

"ETA es una gran nación, perdón, España es una gran nación"


Eu aguantei sen comentalo máis que en privado ata agora pero quero comentalo tamén por aquí porque define a política española dos últimos 15 anos.

Os datos que expón segundo a temática son dous: ETA e España e aínda que a entrada de ETA no texto é por desliz queda ben claro que unha cousa leva á outra. Como nos peores momentos de crise nos EEUU cando din "God bless america". Isto significa que os EEUU son o pobo de Deus e que o deben superar por que son máis, máis guapos e mellores. Isto en latitudes máis acomplexadas pasa a: ETA atácanos pero nós somos unha gran nación. O concepto de que España é unha nación está seriamente en dúbida, cando menos para min. Pero aproveitan ETA para dicir que España é unha [gran] nación nas manifestacións das vítimas e dos beneficiados. A min faime pensar que se aproveitan, ou benefician, da situación para impoñernos as súas ideas do século XX. E home unha gran nación... Unha, grande e libre [de ETA]

Algún quere facer outro comentario do texto?
Comentarios (5) - Categoría: Sen novidade no frente - Publicado o 12-06-2007 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Non sei ken eres pero o artigo que habia na miña blogoteca non o fixen eu fixoo un compañe#blgtk08#iro que esta facendo comigo a blogoteca pero xa o borrei. Perdon se te sentiches ofendido.
Dixo www.blogoteca.com/comisario_pallas (12-06-2007 22:00)
2 canto razón tes!nos os tamaricos tamén somos os máis mellores e o máis guapos/as pero ao estilo galego#blgtk08#, que tamén é unha nación.

Estamos en construción, pronto remtaremos as obras.
Dixo Os Tamaricos (12-06-2007 23:47)
3 Que gran home... algunhas veces o noso subconscie#blgtk08#nte aparece e fai gala do que realmente pensamos.
Dixo Anxelica (13-06-2007 11:23)
4 Eu por querer quería facer un comentario, pero ponme medo só ima#blgtk08#xinar o que podo chegar a dicir. É vostede un arroutado Turonio!
Dixo Doutora Seymour (13-06-2007 22:25)
5 unha, grande e libre.... casi que a mi#blgtk08#n tamen me da medo...

Dixo oquetencutenmedo (27-06-2007 00:43)
E ti que dis?
Nome:
Correo-e: (Non aparecerá publicado)
URL: (sempre con http://)
E digo eu...:
© by Abertal