Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

O Carallo 29
O carallo 29 compostelánOnte deiteime dándolle voltas a isto de onde virá e qué quererá dicir exactamente esa expresión que empregamos habitualmente: O CARALLO VINTENOVE. Farei unha breve reflexión, sen animos de incorrer en intrusismo no terreo que tan ben cultiva O refraneiro sobre as pseudo-teorías ou lixeiras hipóteses que me foron xurdindo até que quedei sopa.

Primeiro facía unha sorte de paralelismo con aquilo de "outra vaca no millo". Por aquilo de imaxinar que nalgures había 28 carallos (metonimia de homes) e chega o 29, tamén do xeito de "a pinga que rebordou o vaso" ou "eramos poucos e pariu a avoa".

Outra é a da foto. Os composteláns de pro temos todos unha foto no carallo 29. Si, si, como o ledes. Na rúa Tavesa, esa rúa que ninguén sabe como se chama pero que é aquela que peregrinamos etilicamente entre o Avante e o Tarasca. Pois do lado de onde era o Mawei, ou o Boludiña, os números da rúa van subindo de impar en impar 23, 25 e a esquina dá o 27. No outro lado da rúa, por onde se sae ás veces do Calviño vemos alí un marco cunha certa forma fálica que alguén deu en chamar "O carallo 29". Pois iso, se non a tendes estandes a tardar en tirala. Todos a facer fotos co carallo 29. Nesta saímos un tanto favorecidos polo fotoshop e é que o anónimato é un luxo.

Como mirandes, son de soño fácil pq non me deu para máis.

Non sei... Vós que pensandes?
Comentarios (16) - Categoría: fotoblog - Publicado o 06-06-2007 20:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
16 Comentario(s)
1 Mira, non sei se es de sono fácil ou non, pero... de onde pensas que saco eu a #blgtk08#metade das cousas que escribo?

A inspiración é amiga de Morfeo!
Dixo o refraneiro (06-06-2007 22:21)
2 Pois si. Agora que sei o secreto vouche facer a compe#blgtk08#tencia duramente :P
Que friki queda a foto!!
Dixo turonio (06-06-2007 23:14)
3 Totalmente friki!
Por certo, paideleo pasoume unha ligazón con outra explicación da ex#blgtk08#presión. Velaqui:
http://santiagodecompostela.vivelaciudad.es/2007/03/08-o-carallo-29
Dixo o refraneiro (07-06-2007 09:13)
4 Uhhhhh, creo que me sona alomenos unha das personaxes da foto :PPP
Non lin aínda o enlace que puxo ahí enriba Refraneiro, p#blgtk08#ero coido que a expresión ten algo que ver cunha lei electoral (si, eu sempre buscando relación a todo cos meus estudos hahahaah)
Dixo Patrieira (07-06-2007 17:00)
5 bueno, bueno...currada a foto..#blgtk08#.frikada do día, turonián hehe
Dixo A de Loureiro (07-06-2007 19:58)
6 Relacionada: http://www.blogoteca.com/#blgtk08#sempreengaliza/index.php?cod=11070 ;)
Dixo Suso (08-06-2007 00:21)
7 Sen dúbida unha foto ben distinguida... mais falla a#blgtk08# típica persoa subida ó carallo! Todo un clásico! XD
Dixo Suso (08-06-2007 01:26)
8 Eu oín unha vez que tiña algo que ver cun artigo dunla le#blgtk08#i,o número 29, que amolaba especialmente aos campesiños.
Dixo náufrago (08-06-2007 15:01)
9 Pois nós estamos dacordo co que afirma Náufrago, nunha clase de hist#blgtk08#oria foi escoitado ese conto dun artigo que tocaba ben o carallo...
Dixo As do lado do faro, Crunia saúda (08-06-2007 19:59)
10 Curioso xeito de procurar o sono, si señor, a saber que soñaría vostede esa noite!. O da foto... que q#blgtk08#uere que lle diga, non ten perdón de Deus (un calquera, e mire que tentei ser magnánima ou algo así.
Dixo Doutora Seymour (08-06-2007 21:19)
11 Se cadra ponse de moda ir facer a foto co carallo 29, en vez de ir a dar cloques coa testa na catedral, dende logo está millor situado, e entre cunca#blgtk08# e cunca de viño, unha foto co monumento coa obriga de facerlle un arrumaco, e todo aquel que o faga traeralle sorte no amor jejeje.
saudiños.
Dixo Rifo I de Zeuquirne (09-06-2007 18:32)
12 A min o sono non me inspira. A min o que me inspira é a época de exames, definitivamente. Sempre é igual, canto menos tempo temos, máis o adicamos ao blog, ao fotolog, ou ao que cadre. Eu ata me afecionei a xogos de coches de carreiras. E hoxe#blgtk08#, mesmo fixen natillas para os meus compañeiros de piso. Calquera cousa con tal de non ter quen enfrontarme agora cos apuntamentos de Teoría da Comunicación. Horror.

Son a raíña da responsabilidade aprazada! (aprazada, iso si).
Dixo leituga (10-06-2007 13:33)
13 Pois eu creo lembrar que nos explicaron nalgunha clase que a expresión estaba relacionada coa movida esa do crack do#blgtk08# 29, que se foi todo ó carallo... e de aí veu a expresión! Jajaja!
Soa un pouco surrealista, non si?
Dixo Mar e Lúa (11-06-2007 12:41)
14 buy tr#blgtk08#amadol
Dixo qwrugbhidd (06-12-2007 19:25)
15 molodejj.net
#blgtk08#/> kon4inka.net
Dixo gmrnapfnxr (23-01-2008 16:47)
16 Wow, cool man, big thanks#blgtk08#! http://olncywppjdep.com
Dixo hvejyydyqh (05-05-2008 15:17)
E ti que dis?
Nome:
Correo-e: (Non aparecerá publicado)
URL: (sempre con http://)
E digo eu...:
© by Abertal