Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Portu-Galiza
Portugal e GalizaÁs veces un ten tempo para botar a mente a soñar, e con estas ensoñacións reproducir mundos paralelos, tanxentes ou totalmente alleos.

Portugal é unha constante nas discusións, máis lingüísticas que políticas, bizantinas que non deixamos de tocar con morbo neste recanto do atlántico abeirado á chaira e seca meseta. Cómo sería todo de diferente se Portugal nunca tivese sido independente do reino de Galiza? Ás veces imaxínoo todo da cor de rosa, feliz e case hortera. As ensoñacións éche o que teñen. Pero sabendo que o que temos en común Portugal e Galiza, deixando a marxe a nosa lingua, son as miserias máis grandes, os territorios máis pobres do occidente, as colonias de emigrados máis grandes dentro ou fóra de Europa, un profundo sentimento do dramatismo, do auto-odio e capacidade de autonegación... De tal maneira, que cumprindo esta última parte esa espada atlántica da imaxe non podería nin poderá ser nunca realizada.

Pero non me diredes que non causa unha inmensa conmoción cruzar esa raia que nos divide e ver que se pode vivir 100% en galego e sen que isto traia carga de subversión ningunha. Daí a fermosura deste mapa de Galiza e Portugal.

Parafraseando, mui libremente, o que dixeron os postmodernos de Siniestro Total: Minus malem Portucalem rest...
Comentarios (3) - Categoría: Mapas - Publicado o 30-05-2007 17:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 En realidade os nosos inimigos son dous: Madrid e Lisboa... entre ambos se encar#blgtk08#garon de dividir e aldraxar á nosa patria, queréndoa facer unha colonia da súa.
Dixo Suso (30-05-2007 19:04)
2 Ei, ei...lembreime de voÇé cando estaba a pisar cada unha das pe#blgtk08#dras do castro, para a próxima...a súa compaña é imprescindíbel.
Dixo A de Loureiro (04-06-2007 11:58)
3 Thanks for the fan#blgtk08#tastic post here.
Dixo Mulberry Replica handbags (27-06-2013 06:12)
E ti que dis?
Nome:
Correo-e: (Non aparecerá publicado)
URL: (sempre con http://)
E digo eu...:
© by Abertal