Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Apelidos no mapa de Galiza
O meuÉ interesante a páxina da Cartografía dos apelidos en Galiza. Encántame, é mui útil para observar a distribución dos apelidos. Pódese xogar con ela e testar a evolución da galeguización dos mesmos (buscando por exemplo Buxan e Bujan), os apelidos máis minoritarios, os de orixe foranea (adoito só teñen presenza nas cidades e sobre todo nas costeiras), distribución dialectal (buscando Raposo, Golpe, Raposa e Zorro...), a orixe de apelidos típicos dunha zona (Amoedo, Agis, Dosil...), apelidos de literatos (Pedrayo, Risco, Pondal, Ferrín, Brey, Pulpeiro...)...
Cunha pouca de curiosidade pódese topar de todo. Eu uso bastante esta páxina para imaxinar vidas pasadas, futuras, presentes... Para constatar que a nosa nación vive aínda que se camufla noutra, emigra, desplázase, evoluciona, desaparece ou é fiel a si mesma...
Que feliz sería se me puxerdes buscas e mas comentasedes desde a vosa perspectiva: historias, intuicións, opinións... Quero seguir tirando cousas desta páxina e agora coa vosa colaboración.
Comentarios (10) - Categoría: Mapas - Publicado o 31-03-2007 14:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
10 Comentario(s)
1 Eu teño andado por esa páxina e chamoume moito a atención #blgtk08#que case non hai "galegos", mais está cheo de "gallegos".
Dixo Suso (31-03-2007 15:34)
2 Na miña parroquia hai algún Galego, non moitos, tamén é verdade. En xeral parece que os apelidos castelanizados están máis extendidos cá forma galega orixinal. Estivemos mirando Fonte, que por lóxica debería de haber unha multitude e non é así, fronte a Fuente, Fuentes, etc. e tamén Freixed#blgtk08#o, quedan catro gatos co apelido en forma correcta, fronte a Freijedo, Freijido e mesmo Freigedo (hai que ver!). E coma estes exemplos que me caen en familia debe haber ducias. Conclusión: levantar o cu e galeguizar os nosos apelidos, ou cambialos de orde para legarllelos aos nosos fillos.
Dixo suroeste (31-03-2007 17:19)
3 Que enlace tan interesante... Parabéns. Penso que hei xogar moito con el.

Eu descubrín que hai moitos Pérez por Galicia adiante. Non#blgtk08# me felicitedes, oh, que eu teño moitas dotes detectivescas... Pero a perla da investigación foi que tamén hai algún na súa forma inglesa, Smith.
Dixo A do outro lado (31-03-2007 18:07)
4 Interesante enlace pero decepcionante para o meu apelido. E iso que é galego 100% per#blgtk08#o o mapa dime que nunca vimos moito mundo porque nacemos nesta zona e aquí seguimos.
Dixo a randeeira (02-04-2007 09:33)
5 Ola! realmente un blog moi interesante.Gústame. Visitare#blgtk08#ivos con asiduidad.
Saúdos

Robert
Dixo Robert (02-04-2007 09:59)
6 Bo, os Carreira somos 0.17% dos galegos, vaia miser#blgtk08#ia. O que non sei é como facer que me saia o mapa.
Dixo mendinho (02-04-2007 11:18)
7 Pois a conto disto dos apelidos castrapeiros, eu há bem pouco que descubrim que nom som Yáñ#blgtk08#ez (como me pom no carné) se nom Eanes ou Eáns, que é muito mais bonitinho, onde vai parar.
Dixo punkdereteira (03-04-2007 01:10)
8 Sumamente interesante este enl#blgtk08#ace do que non tiña nin idea.
Dixo Ninsesabe (03-04-2007 15:12)
9 Acabo de levar unha grata sorpresa ao saber deste enlace.
Ademais acaba de confirmarme que, polo visto, os meus dos apelidos son maioritariamente procedentes da area na #blgtk08#que Vigo (a bisectriz terrestre da ría de Vigo). Polo visto temos tendencia a ficar onde estamos (cousa agradabel, porque é o que a min me gustaría facer).
Saúdos
Dixo Larvós (04-04-2007 11:37)
10 Un enlace moi interesante que visitarei moitas veces. Aínda que o tanto por cento do meu apelido é ca#blgtk08#se cero, comparto esa curiosidade, e ese gusto por maxinar que vida (ir-vir)pode ter detrás un nome.
Dixo Doutora Seymour (05-04-2007 21:19)
E ti que dis?
Nome:
Correo-e: (Non aparecerá publicado)
URL: (sempre con http://)
E digo eu...:
© by Abertal