Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

O punto de vista cultural
Cando lle dixen a unha amiga que tiña un exame e que estaba a estudar para pasalo ela desexoume muito éxito. Soa ben, non é? Pois se a rapaza non fose alemá senón galega o que me tería desaxado sería muita sorte.

Non vos parece un sesgo cultural importante para os mesmos bos desexos?
Comentarios (5) - Categoría: Europa - Publicado o 12-06-2011 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
Nostalxia do camiño
Coñecín na miña vida unha chea de peregrinos, tanto cando eu peregrinaba canda eles como agora que de cando en cando recibo algún peregrino na miña casa. Sempre teñen historias incribles que contar e ás veces resultanme do máis aborrecido de escoitar. Todos teñen unha especie de sindrome da Terra Santa, ou de Xerusalem.
É fermoso miralos nese estado pero non sempe empatizo con eles. Hoxe chegou un italiano de Roma á casa. Cando entrou pola porta impresionoume o seu tamaño. Dificilmente podes ser empático cun bicho tan grande, pensei. Pero cando comezou a falar e a sorrir como un neno contando historias que me soaban de xa telas vivido conseguiu non só que disfrutase dos seus falares senón crear en min unha nostalxia inmensa de cando eu facía o camiño.
Este rapaz inmenso que ri coma un neno acaba de meter unha ganas inmesas de coller a mochila e deixalo todo atrás. Cada día durmir nun lugar diferente e coa comunidade nómade dos peregrinos. É como unha aldea en movemento que se preocupa polos seus veciños e ao tempo vai descobrindo cousas dos novos entornos xeográficos que atravesan.
Tiña que escribir isto nalgures, xa que co meu traballo non poderei satisfacer as nostalxias da vida do peregrino.
Comentarios (11) - Categoría: Europa - Publicado o 01-04-2011 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
Cousa bonita de Islandia

Inspired by Iceland Video from Inspired By Iceland on Vimeo.



Pois que video tan ameno! recomendable para toda a xente. Dá unha impresión mui hippie e optimista de Islandia. Entroume a curiosidade!
Comentarios (14) - Categoría: Europa - Publicado o 15-01-2011 19:58
# Ligazón permanente a este artigo
Sempre con Irlanda

Anos oíndo historias de paralelismo entre Galiza e Irlanda. Ouvindo lemas antigos como aquel Como en Irlanda, levántate e anda e agora que os nosos amigos do norte están nun mal momento non hai quen faga un só aceno de Solidariedade con eles. Eu son un eterno principiante nestas couas do deseño pero aquí vos deixo o meu sentimento sincero ao puro estilo de algún claro pero pouco coidado poema de Celso Emilio Ferreiro.
Comentarios (3) - Categoría: Europa - Publicado o 07-12-2010 20:44
# Ligazón permanente a este artigo
O goberno español perde os papeis e fai o ridículo
o exercito pasando polo forro as normas de tráficoNunha semana en que se está repetindo en todo o mundo que España é un estado anticuado, tramposo e cunha economía pouco fiable nos mercados e desde Wikileaks se especifica como os altos cargos que dirixen este aparato do estado non responden ante os cidadáns senón que piden ordes a USA e esméranse en cumprilas. Neste ambiente comezan a saír as noticias de que non poden circular os avións. Grave nun país que vive do turismo. E o goberno en vez de negociar cos pés na terra declara o semi-estado de guerra pasándose polo forro a seriedade das palabras e da súa imaxe para que uns señores ocupen o seu posto de traballo.
Un conflito laboral non debería nunca acabar na declaración do estado de alarma. E como sempre, din cando comeza pero non cando acaba. Se fose un estado de alarma en serio, que non sei como son os estados de alarma deste goberno, cada civil debe cumprir as ordes que lle dean os militares.
Diredes que esaxero. E gústame esaxerar pero o goberno aprobou isto onte. E diredes que é só polos controladores e eu fiareime da bondade do goberno que non sabe negociar e saca os militares a facer cumprir as súas ordes.
Isto non é serio. No meu traballo altérase todo por este estado de alarma e agora mesmo os militares son os donos do país. É posible que non pase nada, porque por poder poden pero non van facer nada. O mesmo argumento que di que o Rei non molesta porque aínda que pode facer o que queira (ten o poder e non responde ante a xustiza) non fai nada. Non me gustan nada este tipo de cousas e moito menos nun momento de crise como o actual.
E xa como guinda dicir que Hitler alcanzou o poder unhas eleccións democráticas e nun momento dado valeuse dunha lei de emerxencias para non ter que volver repetilas. Hoxe a nosa situación é máis parecida a isto ca onte. E a prensa pedíndolle con todas as letras firmeza, disciplina e autoridade ao goberno.
Comentarios (3) - Categoría: Europa - Publicado o 04-12-2010 14:39
# Ligazón permanente a este artigo
Os suevos e os caiucos
Antes de nada, quixera esclarecer que eu prefiro empegar a palabra caiuco e non patera ou a súa galeguización pateira. Na imprensa española diferencian desta maneira: o caiuco é que chega a Canarias e a patera a Andalucía. Eu non sei que diferenzas hai exactamente entre unha e outra palabra pero patera non aparece en ningún texto galego mentres que non é a primeira vez que me tomo un viño nun bar (taberna de toda a vida) que se chama O Caiuco. Xa vedes, profundos motivos filolóxico-afectivos.

Quixera falar dos suevos e da súa entrada en Galiza. Para sermos correctos, na Gallaecia. Os historiadores españois adoitan pasar por alto a existencia deste pobo nos seus estudos de historia. E cando se molestan en mencionalos é para dicir unicamente que eran un pobo que foi conquistado polos Visigodos (eses si que lles molan e aparecen por todas partes).

Muitas veces temos lido que os suevos eran un pobo rudo, inculto, violento e caótico. A imaxe mental que lle crean aos seus alumnos-vítimas, estes historiadores, é un reflexo da invasión dos hunos. Un pobo de louros guerreiros que entraron en Gallaecia a lume e ferro creando o caos e dedicándose á rapina. Nesta liña picaron tanto Murguía como Viceto, a base de tanto repetir tópicos ata a xente máis ben intencionada déixase levar. Hoxe quero contar unha historia diferente deles.

Os suevos eran un pobo xermánico. De todos eles, o que máis contacto tivo co imperio romano. Se ben é certo que no primeiro século a relación entre romanos e suevos era meramente hostil, nas ribeiras do Danubio, xa logo estes foron collendo influenzas romanas e chegando a acordos e pactos co imperio. Muitos dos suevos luitaban nos exercitos romanos como lexionarios. De feito, cando no momento en que entran no imperio romano fano non coma pobo guerreiro senón máis ben como un pobo buscando un porvir. No momento en que atravesan, no frío inverno, o xelado río Danubio camiño de Galiza coas mulleres e os nenos aseméllanse máis aos actuais viaxeiros dos caiucos que aos conquistadores hunos.

Ademais, o pobo suevo creou o primeiro reino na Europa occidental. nace 410 (aprox.) por medio dun pacto cos romanos. Suxeitos ao imperio romano, que duraría case un século máis. Ainda que xa o seu segundo rei, Requiario, é o primeiro rei europeo que se atreve a acuñar moeda no seu nome propio e non en nome do emperador. Rachando con Roma. Isto sabémolo porque varias destas moedas se conservan aínda ata día de hoxe, non polos escritos dos historiadores españois.

Outra mostra da súa capacidade negociadora e de criazón dunha cohesión social é que mentres que os outros pobos xermánicos establecen reinos onde eles manteñen as súas relixións (normalmente arianos) diferenciadas dos habitantes dos reinos que ridixen, os suevos tardan ben pouco en convertise ao catolicismo e integrarse desta maneira co pobo que rexentan. Deixando de ser unha etnia aparte dos galaicos.
Comentarios (0) - Categoría: Europa - Publicado o 22-07-2010 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
A fin do mundo tal e como agora o coñecemos
Neste comentario quero facer unha especie de reflexión sobre a febleza do mundo tal e como o coñecemos. E como, a pesar de que cremos muitas veces que o noso mundo é seguro e todo está atado e ben atado, todo pode mudar por unha mala brincadeira do planeta.

A brincadeira da que vos falo é esta simpática, ata o momento, erupción volcánica que a maioría dos medios din que é nun volcán en Islandia. A información é do máis pavera. Non hai bolseiro o suficientemente valente como para pronunciar na radio, ou TV o seu nome. E poucos dos que traballan na imprensa escrita lle chaman polo nome. Eyjafjallajokull é o volcán no quinto carallo (Islandia) que vai acabar con todo tal e como ata agora o coñecemos. Especialmente a principal industria española: o turismo.

Alguén oíu falar da crise nas empresas de voos comerciais? Que si o combustible é caro, que se a competencia das low cost fai imposible a súa viabilidade, que se a xente coa crise xa non usa tanto os avións coma antes... e finalmente se o volcán non para de botar cinza (e os técnicos seguen a pensar que este é realmente un perigo para os avións e non unha medida excesivamente alarmista) en cuestión dun ano podemos estar ante un golpe ben duro na economía do norte do continente e no verdadeiro empurrón necesario para as economías do hemisferio sur. Será a isto ao que lle chaman xustiza divina?

España é un país que vive do turismo barato. Sen avións no aire non hai quen chegue dun xeito cómodo e nun tempo razoable. Que pasará coa economía? Eu xa vexo aos do Castromil fregando as mans. Vai ser un ano de regreso ao pasado, de comunicacións en tren, bus e barco. Comprar un billete de avión con 1 mes de adianto será un exercicio de temeridade. E todo o que digo será certo se non resulta outro bluf informativo. A teoría do caos unha vez máis en movemento.
Comentarios (4) - Categoría: Europa - Publicado o 17-04-2010 20:08
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal