Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Matrix
No film "Matrix" había dous niveis de coñecimento: o de realidade aparente e o da realidade que só se podía ver desde fóra do sistema creado para xustificar a realidade aparente.
Aquí queda a miña achega para que os cegos voluntarios ou involuntarios teñan un pouco de luz sobre a nosa realidade.

Isto é un andel da Biblioteca de Romanística da Universidade de München. Podedes buscar os libros galegos entre a sección de variantes exóticas, crioulas, pidgins e/ou rexionais do portugués. Eu, que xa sei que o noso idioma no mundo se chama português aínda tiven o meu momento Matrix ollando a verdade dunha biblioteca libre de preconceitos ideolóxicos. E que tire a primeira pedra o primeiro que pense que os alemáns teñen muito interese en que o galego sexa portugués por algún oculto motivo afastado do imperio da razón.

De onde non hai non se pode coller e onde non hai preconceitos políticos só chegan as clasificacións netamente lingüísticas.

Comentarios (17) - Categoría: os máis míticos - Publicado o 25-01-2009 03:55
# Ligazón permanente a este artigo
O lado escuro contrataca
A noticia máis agardada e explicativa de como funciona o mundo e ao tempo máis estarrecedora acaba de chegar aos meus ollos.

Tremede compañeiros, isto é o máis forte desque descubrín que os de Galicia Bilingüe non queren o bilingüismo.

A revelación é a seguinte: Zaplana marcha do PP.

Se alguén non é quen de manter a calma non debe seguir lendo. Que mire para outro lado en caso de ser cardiópata ou ter a tensión alta porque isto non é o pior, aínda vai a muito pior:

... se non tes unha saúde de ferro non segas a ler...

... se tes algún tipo de relación económica con telefónica aínda estás a tempo de non seguir lendo...

... se es un dos tres colegas do cuitado que sae na foto co Zaplana sen a cara tapada estás de boas...

... se non tes unha conexión diga na túa casa controla o teu acido úrico antes de continuar...

... non sei se atreverme a difundilo...

... bueno, veña, que sexa o que deus queira...

... agárrense mosos e vellos, rapasas e señoras...


ZAPLANA DEIXA O PP E PASA A SER O DELEGADO DE TELEFÓNICA EN EUROPA


Deus nos colla confesados, ou polo menos que baixe o prezo do LK
Comentarios (8) - Categoría: os máis míticos - Publicado o 29-04-2008 17:12
# Ligazón permanente a este artigo
Verbo dos arxinas
Paseando pola rede topén algo que non pensara topar por fruito dunha casualidade. A fala dos canteiros nun video publicado en youtube. Poucos documentos hai coma este.

Amólame que sempre se caia en dicir os tacos ou dicir as tonterías obscenas que se lle refería ás mulleres. Hai muito máis que iso. O video non ten prezo.

Unha iniciacion ao latín dos canteiros, o verbo dos arxinas. Unha fala gremial posiblemente milenaria empregada polos canteiros da Terra de Montes.



Canteiros de Pontevedra
¡Miña Santa Liberata!
Levan os picos de aceiro
hannos de traer de prata

Canteiros de Pontevedra
vosoutros ben o sabedes
por unha nena bonita
rompedes sete paredes.

Canteiriño, pica e canta
e deixa á costureira;
ela perde de casarse
e ti de picar na pedra.

Non te cases, miña nena,
con pedreiro que ben canta,
que trae o polvo da pedra
dentro da súa garganta.

Pica, canteiriño, pica;
pica na pedra miúda,
pica na muller allea
que outro picará na túa.

Dous de Xeve e un de Bora,
botan ao mestre fóra;
e se ven un de Marcón
tamén botan ao patrón.

Nas palabras dos canteiros
meniñas non confiedes;
collen os picos e vanse
meniñas, ¿Que lle faredes?
Comentarios (3) - Categoría: os máis míticos - Publicado o 03-09-2007 05:02
# Ligazón permanente a este artigo
Hai un ano ardía a Pomarbella
A 10 de Agosto de 2006 había xa uns días que comezara un incendio en Cerdedo. Conforme foran pasando os días avanzaba dirección sur oeste sen que ninguén o parase fóra do eirado das casas. Pasara xa por lugares mui queridos das súas xentes. Este día 10 entrou en Pontecaldelas pola parroquia de Tourón, xa restaba menos para morrer no mar. Os viciños organizáronse e tentaron trazar devasas no terreo. O vento impediu que estas fosen operativas. O lume non paraba nas devasas pois o vento batía forte e constante e coa pouca humidade do ambiente calquera faísca que levase prendía comodamente.

Eu non estiven alá cando os veciños se organizaran. Cousas de vivir afastado da aldea, por non ter non teño nin casa nela. Dous días antes sabía que estaba chegando porque había unha mesta bóveda de chapapote gaseoso impedindo ver o sol na costa. Pontevedra, a cidade, tiña focos a metros das casas e no que lle tocaba á aldea xa viña campante por Viascón. Todos comentaban pero había ben pouco que facer. Asombroume a pasividade dese día. O demo estaba perto pero a xente non lle facía alá muito caso. Eu, que son forasteiro na miña aldea, pensei que algo saberían eles que eu non tiña en conta. Segundo os meus cálculos aquilo viña de camiño e non había tardar muito.

E viu. Cando xa estaba a unha distancia racional de reacción os viciños, algúns levaban tempo indo a axudar a outras aldeas e amigos, tomaron cartas no asunto. Non había muitas que tomar, todas as levaba o vento, a sequedade e a abafante temperatura. Despois de tentar parar o lume antes da aldea finalmente decidiron salvar as casas e a carballeira, na parte que está máis coidada. Demostraron parando o lume na carballeira que tela coidada é todo un avance e que ás veces parece que está todo perdido pero loitando pódese salvar o que for. Tamén deixaron claro que a carballeira non se toca, que é parte importante no concepto de aldea que teñen e a defenden como unha casa máis. Deron extinguido o lume que enfiaba o camiño da aldea e estiveron cos ollos espertos varios días para non ter sorpresas desagradabeis.

Vaia hoxe, que fai un ano unha lembranza con respecto e admiración aos viciños da aldea de Mirón, en Tourón, que fixeron o que millor puideron e conseguiron salvar a aldea. Tamén para o resto dos que tiveron que gastar os días das vacacións en apagar lumes, vixiar e axudar aos viciños máis vellos ou impedidos. Foi un verán duro que a estas alturas xa parece que non vai ser emulado por este.

As leiras arderon pero nestes casos iso é o de menos. Agora mesmo estou tentanto reforestar coas miñas carballizas a Pomarbella e malia a que algunha pagou a miña novatada son bastantes as que pousan firmes as súas raíces e comezan a percorrer un camiño que eu desexo próspero e afastado de calquera contratempo. Hai que coidar as leiras aínda que non vivamos na aldea, cada quen debe facelo cos seus medios. Eu boto alí o tempo que lle podo dedicar e lle adico os meus mellores coidados, dentro do chapuciñas e urbanita que estou feito.
Comentarios (3) - Categoría: os máis míticos - Publicado o 10-08-2007 15:19
# Ligazón permanente a este artigo
Dobarrismo con fundamento
Os máis vendidos 6 setembro de 1970Si señor, préstame muito a música de Andrés Dobarro e estou contentísimo coas noticias que van chegando do enaltecemento da súa figura e mesmo do recoñecemento do que vén sendo obxecto ultimamente. Entre outras cousas por unha manchea de grupos de música galega pop (e non só) que lle han render homenaxe coa publicación dun duplo cd con versións actualizadoras da súa música.

O motivo deste post é duplo tamén. Primeiro deixar constancia desta miña filia polo meu homónimo e segundo mostrar esta imaxe obtida por corta e pega do blog d'A Regueifa en que queda demostrado no papel o éxito que sempre afirmo que tiña na súa época o Andrés Dobarro. Teño dito que era numero un nas listas dos 40 pero os corente aínda non estaban nin en xermolo, simplemente era superventas e grande éxito do momento, tendes que perdoar o meu falar con tan pouca propiedade pero o que quería significar é que este home triunfou en galego anos ha e que é o reto da nosa xeración dignificalo e superalo en éxito e calidade.

Mirádeo de primeiro na listaxe por riba de artistazos coma Simon & Garfunkel, Serrat, Victor Manuel, Raphael... ou temazos universais coma o Achilipú!!!
Comentarios (1) - Categoría: os máis míticos - Publicado o 20-05-2007 03:15
# Ligazón permanente a este artigo
A vida é analóxica
O caminhoA vida é analóxica, cada momento pode ser vivido en múltiples perspectivas, ideas que nos cheguen á cabeza, conversas, imaxes, reflexos...
Unha magoa que a memoria sexa sempre dixital e só retemos unha porción minúscula da realidade e en función á nosa habilidade memorística, despiste, interpretación ou trascendencia dos feitos.
Todos temos abondosas experiencias para ben, para mal, para aburrir un santo, para contar coñas insuperables, para revivir momentos perfecionándoos un pouquiño, para chorar a gusto, para dicir que pagou a pena...
Ultimamente noto como se tivese altheimer (esta é a típica palabra que non queda nada ben no google e non sei como escribir pero todos nos entendemos)e a miña memoria fose unha peneira da que só quedan algunhas cousiñas e outras tantas se esvaesen no esquecemento. E non sei que lle facer.
Pero de sempre teño as millores experiencias gardadas no que dei en chamar a Alxibeira, un lugariño da memoria onde só entran as VIP lembranzas. A alxibeira da memoria, un dos meus Cedés preferidos.

En fin, son os problemas de que a vida sexa analóxica e a memoria dixital.
Comentarios (5) - Categoría: os máis míticos - Publicado o 25-03-2007 00:20
# Ligazón permanente a este artigo
Podio de millores videos
Gustaríame compartir con quen pase por aquí o podio dos millores videos colgados sobre festa galega.

Todo vén motivado por que acabdo de mirar o que considero o millor. Isto do Youtube fai que non poidas telo gardado para o ver sen conexión pero ultimamente o miro seguido. Atopeino en: este post de malmequer



co cal lle estou mui agradecido a quen o puxo e recomendo muito muitísimo a visita e comentario nesa páxina. Para min ten muitos dos alicientes do entroido do Hio en apenas 8 minutos.

O segundo nesta listaxe tamén o tirei dun usuario de blogoteca.com , co cal non sei se é que son un pouco endogámico ou é que hai nivel neste recuncho do blogomillo. É en Ribeira e con Xurxo Souto polo medio. Miralo no seu momento encheume de festa a tope así que recomendo tamén muitísimo a visita e visión do mesmo: A noite da entrega do Altofalante co himno da Dorna.




E como non se pode saber todo nesta vida e ao tempo hai que gozar do saber do resto da humanidade deixo vacante o terceiro posto, e quen sabe se chega ao primeiro, para que poñandes os videos festexeiros que máis vos prestan. Para min estes dous son revulsivos do meu estado de ánimo. Seguro que tendes algo polo estilo. Compartídeos comigo e facede da nosa unha vida máis alegre!


Un videazo postado pola Arrigadeira
Comentarios (3) - Categoría: os máis míticos - Publicado o 11-03-2007 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal