Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Método catalán
Encantoume oílo.

É tempo de pasar á acción. Os cuitadiños son os que sen saber por que falan castelán nunha terra onde a nosa lingua é a propia. Xa está ben de tentar ser bos e non ofender a ninguén.

Traio de Catalunha unhas aprendizaxes que cando menos vou experimentar, a ver que resultado dan. Resulta que en Catalunha son mui formais e correctos e o máis que fan cando dis que non es daló é preguntar en perfecto castelán e con cara de superbueniños (imaxinade como o faría Buenafuente) "Me entiendes cuando hablo en catalán?" e só hai unha resposta instintiva posíbel ante unha pregunta tan cortés.

Pois ben, eu suxiro que esa arma tan amábel e doce ben vale para a nosa terra. Cada vez que vas a un bar e pides un café con leite e o camareiro pon cara rara e pregunta se é un café con leche en vez de cabrearnos, apoucarnos ou sorprendernos o que temos que facer é a famosa preguntiña "oh, disculpa, me entiendes cuando hablo gallego no?".

Primeiro: porque quedas la mar de bien
Segundo: porque é altamente humillante preguntarlle a un galego por mui castelan que fale se entende o galego.
Terceiro: porque ademais xa non che vai dicir nada mais e chegas a un acordo para dicir que ti falas galego e el que faga o que queira.
Cuarto: ten un alto valor subersivo xa que a xente non ve nunca o conflito lingüístico e así queda expresamente citado.

Estou desexando ir xa tomar un café. A ver que pasa con este xoguetiño novo.

Tentarei seguir a cadea á que me convidaron a unirme Anxélica e Pau. Supoño que será o meu próximo post. E graciñas por vos acordardes de min.
Comentarios (22) - Categoría: Diglosia - Publicado o 05-11-2007 14:38
# Ligazón permanente a este artigo
Unha paleta de Cerceda
Parece mentira pero é algo tan habitual e frecuente que lle vou adicar unha categoría enteira á diglosia.

Teño, por motivos de traballo, que establecer comunicación con diferentes lugares e persoas de Galiza. Normalmente a mesma xente pero un círculo extenso. Os compañeiros falan coa mesma xente ca min e xa nos coñecemos todos mais ou menos. Ata aí todo normal: uns falan galego e outros español.

Hai unha rapaza en Cerceda que non fai unha soa vogal neutra ao xeito do español e fai que o seu galego sexa realmente auténtico. Eu cando falo con ela sorpréndome do ben que o fai, recordame a algunha señora maior pola fonética tan pouco contaminada polo castelán. Ás veces lercheamos entre os compañeiros: "esta sempre me di cariño", "este sempre ten voz de durmido", "este é un coñeiro", "que mala uva ten este"... O normal. Pero o outro día resultou que alguén falaba da rapaza de Cerceda. Eu pola súa pouca contaminación fonética collinlle cariño e estaba ocupado no momento pero logo quedei safado e preguntei. Estaban falando dela. Dicían que era medio subnormal e bastante parviña pero que traballaba mui ben. Normalmente as "rajadas" que facemos son muito máis suaves mesmo cos que lles temos algo persoal pero con este caso non son eles os que falan senón o autoodio e por suposto: a diglosia. Os meus compañeiros falan case todos galego e non ven millor a ninguén por falar castelán, normalmente tiran cara o contrario pero neste caso fan a excepción e consideran que con esa fonética a rapaza só pode ser parva ou subnormal.
Un claro exemplo de diglosia e autoodio. Neste caso en xente que aparentemente non debería presentalo. Ou ben de idealismo pola miña banda que tampouco teño muito trato con ela e igual eles teñen mais datos ca min. Polo dagora quedareime con que é diglosia.
Comentarios (4) - Categoría: Diglosia - Publicado o 07-09-2007 13:42
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal