o trasno paroleiro


BLOG DO EDLG DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

FESTIVAL FIN DE CURSO EN 2º E. PRIMARIA








Comentarios (0) - Categoría: O RECUNCHO DO TRASNO EN E. PRIMARIA - Publicado o 27-06-2019 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
ACTUACIÓN DE FIN DE CURSO DOS TÍTERES "VIRAVOLTA"
O venres 21 de xuño ás 10 hs virán á Biblioteca do noso centro, outro ano máis, os Títeres Viravolta. Nesta ocasión interpretarán a peza "O cego dos monifates: romance de cans", un espectáculo baseado no relato de María Victoria Moreno titulado "Can branco, can negro", mais tamén na tradición dos romances de cego que se escoitaban antigamente nas feiras e festas. Nesta ligazón podedes escoitar o conto de María Victoria Moreno nunha versión radiofónica de Radiouvín:

https://www.ivoox.com/25898165

Tedes máis información sobre o espectáculo nesta ligazón:

https://viravoltatiteres.wordpress.com/titeres-seisdedos/o-cego-dos-monifates/
Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 04-06-2019 12:41
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal