o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ROTEIRO DE FIN DE CURSO A VALGA
Para celebrar o día de remate das clases fixemos un roteiro ata a área recreativa de Valga, onde nos agasallaron algúns membros da A. C. Xarandeira cunha actuación de música e baile tradicional. Tamén puidemos desfrutar dun baño no río Valga e dunha comida campestre.






Despedímonos por este curso con este vídeo de homenaxe a algúns dos profes que nos acompañaron ao longo destes anos e que xa non estarán connosco o próximo curso. Desexámoslles moita sorte e que sigan co mesmo ánimo co que nos agasallaron en Pontecesures! Pasádeo todos e todas moi ben durante o verán e collede moitos folgos para o novo ano!


Comentarios (0) - Categoría: O RECUNCHO DO TRASNO EN E. SECUNDARIA - Publicado o 28-06-2016 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
VISITA DE 3º E 4º DE E. PRIMARIA A MARCELLE
O alumnado de 3º e 4º de E. Primaria do CPI de Pontecesures foi de excursión de fin de curso a Marcelle (Lugo. Deixámosvos aquí este vídeo como lembranza da visita.

Comentarios (0) - Categoría: O RECUNCHO DO TRASNO EN E. PRIMARIA - Publicado o 14-06-2016 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal