o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DÍAZ CASTRO, AUTOR HOMENAXEADO NAS LETRAS GALEGAS 2014
O IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz preséntanos este vídeo sobre o poeta que lle dá nome ao seu centro e que foi seleccionado pola RAG como homenaxeado para as Letras Galegas 2014:

Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 24-06-2013 23:57
# Ligazón permanente a este artigo
AID NO CPI DE PONTECESURES
O día 6 de xuño tivemos a oportunidade de coñecer a cantante viguesa de hip hop Aid. Nun obradoiro ao que acudiu o alumnado que se apuntou este ano no Equipo de Normalización Lingüística, explicounos o que é para ela o rap e o hip hop, falou das orixes deste movemento musical, cantou algún dos seus temas coa colaboración do alumnado e compuxemos entre todos unha letra para unha canción.

Se queredes escoitar temas seus, deixámosvos este enlace:

http://www.myspace.com/aid8990

Deixamos aquí unha foto da súa visita e tedes máis sobre este evento na fotoblogoteca.



Comentarios (0) - Categoría: O FARDEL DOS SONS - Publicado o 06-06-2013 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal