o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CAMIÑANDO A SANTIAGO

O último día de clase, 22 de xuño, fixemos a última actividade do equipo para este curso. Tratábase dunha iniciativa, presentada polo alumnado de 3º de ESO que formaba parte do ENDL, consistente en facer a pé o tramo Pontecesures-Santiago do Camiño Portugués, levando camisetas pintadas por eles mesmos con lemas que promovesen o uso do galego.
A verdade é que resultou todo un reto para moitos/as, pero debemos dicir que, a pesar das dificultades, resultou moi gratificante. Aqui recollemos unha imaxe dese día; podedes ver máis na fotoblogoteca.

Aproveitamos para despedir o curso e desexarvos a todo/as un feliz verán!
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO EN POSITIVO - Publicado o 25-06-2012 14:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal