o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O BALLÓN. XORNAL DE METEOROLOXÍA
Actividade organizada para o Plan Proxecta "Meteocesures", do CPI de Pontecesures, na que colabora o ENDL do centro. Trátase dun breve xornal que recolle dúas noticias, unha reportaxe e unha crónica de temática meteorolóxica redactadas nas aulas de 1º e 2º de ESO de lingua galega, co asesoramento e a colaboración do Departamento de Bioloxía.

o Ballón. Xornal de Meteoroloxía Do CPI de Pontecesures

Comentarios (0) - Categoría: PROXECTO METEOESCOLAS - Publicado o 31-05-2016 11:28
# Ligazón permanente a este artigo
UN NOVO GRAFFITI NO CPI DE PONTECESURES
Como actividade final de curso, o alumnado que participou ao longo do ano no ENDL do centro asistiu a un obradoiro de graffiti, impartido por dous artistas do colectivo Mutante Creativo, Mou e Diana. Explicáronnos as técnicas básicas desta modalidade artística e entre todos realizamos un mural no patio cuberto. O tema que eliximos este ano foi o da integración, o respecto polo diferente, a non discriminación das persoas... Ás veces o levantamento de muros, de barreiras ante quen cremos que non é coma nós, esperta o noso lado máis escuro e fainos esquecer que todos somos membros da mesma galaxia e que debemos solidarizarnos ante o sufrimento dos seus habitantes.

Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 27-05-2016 13:06
# Ligazón permanente a este artigo
CORRELINGUA 2016

O 2 de maio participamos toda a ESO no Correlingua de Pontevedra, reivindicando festivamente unha longa vida para o noso idioma. Paseamos pola cidade, asistimos á lectura do manifesto gañador deste ano, escoitamos a música de Liviao de Marrao e fixemos unha simbólica solta de globos. Ao finalizaren os actos, rastrexamos pola cidade a presenza do galego en todo tipo de textos escritos, que foron fotografados polo alumnado co obxectivo de elaborar logo carteis que expoñeremos nos corredores do centro.

Comentarios (0) - Categoría: CORRELINGUA - Publicado o 04-05-2016 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal