o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O UNIVERSO DAS PALABRAS

Na clase secreta dos biosbardos (1º de E. Primaria) foron elaborando un mural coas palabras galegas que máis lles gustaban e que saían nos proxectos que realizaron ao longo do curso. Entre todos deseñaron as tarxetas coas palabras e os debuxos. A ese mural, que semella un dicionario visual, chamáronlle "O universo das palabras galegas".
Comentarios (0) - Categoría: O RECUNCHO DO TRASNO EN E. PRIMARIA - Publicado o 29-05-2015 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
E, FINALMENTE, CHEGOU O CORRELINGUA

O 15 de maio dende o ENDL do CPI de Pontecesures organizamos a saída ao Correlingua de Pontevedra, protagonizado polo alumnado de 4º da ESO do noso centro porque leron nel o manifesto gañador deste ano.
Ao final do percorrido por varias rúas da cidade, o grupo "Bocinazo" amenizou a festa ao seren os gañadores do concurso Cantalingua. Tamén houbo unha solta de globos con textos que explicaban o evento e o lugar de partida.
Cando rematou esta actividade, o alumnado realizou un percorrido pola cidade antiga para solucionar unha busca do tesouro que nos propoñían dende o IES Sánchez Cantón a través dunha aplicación para móbiles: "Tesouros de Pontevedra".
En definitiva, unha xornada moi agradable. Tedes as fotos do evento no facebook do ENDL do centro

Aquí tedes unha noticia de prensa sobre este evento:

http://pontevedraviva.com/xeral/20079/correlingua-2000-nenos-galego/#/0
Comentarios (0) - Categoría: CORRELINGUA - Publicado o 20-05-2015 12:58
# Ligazón permanente a este artigo
NOVO NÚMERO DE OLLOS DE AULA
Comentarios (0) - Categoría: REVISTA OLLOS DE AULA - Publicado o 14-05-2015 14:08
# Ligazón permanente a este artigo
CAMPAÑA "PRESUME DE GALEGO" POLAS LETRAS GALEGAS
Con motivo do Día das Letras, dende a CGENDL propóñennos difundir unha mensaxe positiva de orgullo lingüístico que vaia máis alá dunha efeméride puntual coma o 17 de maio. Trátase de espallar o vídeo "Presume de Galego" polas redes sociais e os teléfonos móbiles até convertelo en campaña viral que chegue sobre todo ao alumnado e á comunidade educativa, mais tamén a toda a sociedade.

O vídeo pode ser compartido nas redes e enviado por medio do correo electrónico, así como ser descargado para mover a través do Whatsapp e outras aplicacións de mensaxería instantánea, nesta páxina:

http://coordinadoraendl.org/presume_de_galego/comparte.php

O 17 de maio presume e comparte from ProductoraAudiovisual CanalArtes on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 13-05-2015 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
"CONTEDOR MUNISIPAL"
Vídeo reivindicativo do CPI de Dodro, a concurso no VideoGhit que promove o IES de Silleda, que critica que as brañas do Ulla se convertan nun vertedoiro de lixo. Podedes votalos a eles ou a outros na páxina:

https://sites.google.com/site/eticolmeiro/

Comentarios (0) - Categoría: O FARDEL DOS SONS - Publicado o 05-05-2015 11:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal