o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NOVO GRAFFITI NO CPI DE PONTECESURES
Este curso o alumnado do ENDL do CPI de Pontecesures decidiu participar nun novo obradoiro de graffiti impartido polos integrantes do grupo Dios que te crew, esta vez deixando a súa pegada no patio de infantil. Seleccionamos como motivo iconográfico as tres mascotas máis coñecidas do noso centro: o trasno paroleiro, do Equipo de Normalización, Cesurín, o Equipo de Actividades deportivas, e Xirilé, do Equipo de Biblioteca. A mensaxe é, como no anterior graffiti, de ánimo para que nos sumemos a un maior emprego da nosa lingua no día a día. Deixámosvos unha foto do evento e tedes máis na fotoblogoteca.
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO EN POSITIVO - Publicado o 26-05-2014 10:32
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal