o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

VIDEOCLIP DA CANCIÓN "QUÉROTE MÁIS" DO GRUPO O SONORO MAXÍN
Non deixedes de ver este divertido vídeo do grupo ourensán:


Comentarios (0) - Categoría: O FARDEL DOS SONS - Publicado o 23-05-2013 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
O ALUMNADO DE SECUNDARIA PARTICIPA NO CORRELINGUA 2013
Como viñemos facendo estes anos, dende o ENDL organizamos a participación na marcha do CORRELINGUA polas rúas de Compostela. A festa final correu este ano a cargo do grupo gañador do Cantalingua: "Monoulious". Deixamos unha foto da nosa participación. Podedes ver máis na fotoblogoteca.

O luns 16 de abril celebrouse no Instituto Rosalía de Castro de Santiago o acto de presentación do Correlingua 2012 e a entrega dos distintos premios de banda deseñada, manifesto e vídeo. Os organizadores e entidades colaboradoras presentes no acto louvaron a calidade dos traballos presentados, entre eles o manifesto gañador presentado polo alumnado de 4º de ESO do CPI de Pontecesures. Queda aquí unha foto da recollida dos premios, pero hai máis na fotoblogoteca
Podes consultar xa o manifesto gañador do Correlingua 2012 na páxina do Correlingua:



http://www.correlingua.org/plananos.aspx?ApartId=3
Comentarios (0) - Categoría: CORRELINGUA - Publicado o 15-05-2013 11:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal