o trasno paroleiro


BLOG DO EDLG DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

FASE FINAL DO CONCURSO DE RECITADO DE POESÍA NA CASA MUSEO DE MANUEL MARÍA
O pasado sábado 6 de abril celebrouse en Outeiro de Rei a fase final do Concurso de Recitado de Poemas. Estes foron os representantes de Primaria do CPI de Pontecesures, aos que lles damos a nosa noraboa pola calidade da súa interpretación.


O alumnado de 1º de E. Primaria recitou o poema "O chifre" de Manuel María.



Emily García Mata, de 2º de E. Primaria, recitou o poema "O soñador" de Manuel María.




Pilar Antonella Morison Rey recitou "Silencio", de Follas Novas.





Blanca García Mosquera recitou "Cada noite eu chorando pensaba", de Follas Novas.


Comentarios (0) - Categoría: CONCURSO DE RECITADO DE POEMAS - Publicado o 12-04-2019 11:18
# Ligazón permanente a este artigo
ANO DE ANTÓN FRAGUAS
Expomos aquí esta ligazón que nos fornece materiais para sabermos máis sobre o autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas:

http://primaveradasletras.gal/


http://www.seminariogalan.org/
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 02-04-2019 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal