o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ROTEIRO DE PRIMAVERA
O alumnado de 4º de E. Primaria elaborou este roteiro nos arredores do noso centro que nos permite saber máis sobre a vexetación e as contrucións tradicionais que temos tan preto e que ás veces nos son descoñecidas.

Comentarios (0) - Categoría: O RECUNCHO DO TRASNO EN E. PRIMARIA - Publicado o 28-04-2015 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 2015: FILGUEIRA VALVERDE
Na páxina da Coordinadora de Equipos de Normalización, recóllense varias ligazóns a páxinas de interese para coñecer mellor o homenaxeado deste ano, destinadas dende ao alumnado de infantil, como ao de primaria e sencundaria:

http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=recursos/rec269.php
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 26-04-2015 22:57
# Ligazón permanente a este artigo
PRESENTACIÓN CORRELINGUA 2015
E, por fin, déuselle inicio ao calendario oficial do Correlingua 2015 hoxe na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela cun acto ao que fomos convidandos como gañador@s do certame de manifesto. Candela e Alejandro de 4º de ESO dixeron unhas palabras e recolleron o premio e logo todos os integrantes do grupo leron o texto gañador. Tamén recolleron o premio os gañadores do concurso de vídeo, que axiña se fixeron amig@os dos do noso grupo. Parabéns para eles e para os nosos polo traballo realizado. Nesta ligazón da fotoblogoteca tedes máis fotos do evento.

http://www.blogoteca.com/trasnoparoleiro/index.php?gal=3769

Nestoutra ligazón da fotoblogoteca temos as fotos do photocall que lle enviamos ao Correlingua para que as publique no seu facebook. Dende alí podédelas compartir, se vos apetece. Podedes velas aquí:

http://www.blogoteca.com/trasnoparoleiro/index.php?gal=3770

Tamén se fixo pública a canción gañadora do Cantalingua deste ano: "Oda ó esterco", do grupo Bocinazo:



Este vai ser o percorrido do Correlingua de Pontevedra, a onde imos ir nós:

http://www.correlingua.org/calendario/2015/pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: CORRELINGUA - Publicado o 20-04-2015 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
PROXECTO METEOESCOLAS
Dende o ENDL e o Departamento de Lingua Galega decidimos participar no Plan Proxecta de meteoroloxía que lle foi concedido ao centro este curso elaborando uns murais virtuais coa aplicación Linoit. Primeiramente, o alumnado dos distintos cursos da ESO captou fotografías do noso contorno que amosasen distintos estados meteorolóxicos. Logo, nas clases de galego traballaron o vocabulario do campo semántico do tempo atmosférico e elaboraron textos literarios inspirados no que se vía nas imaxes. Para iso, de 1º a 4 º de ESO traballouse previamente a técnica do microrrelato e do haiku. Tamén contamos cunha entrevista que uns rapaces/as de 1º de ESO lle fixeron a un pescador de lamprea, para saber como lle inflúe o tempo atmosférico a esta actividade. Con estes arquivos, o alumnado de Informática de 4º de ESO foi elaborando os murais que podedes ver nestas ligazóns:

MURAL ELABORADO POR ANTÍA DOMÍNGUEZ ORDÓÑEZ:
"DÍAS FUSQUENLLOS"


http://linoit.com/users/antia_17/canvases/d%C3%ADas%20fusquenllos%202

MURAL ELABORADO POR SABELA LÓPEZ CALDELAS:
"DÍAS FUSQUENLLOS"


http://linoit.com/users/sabela30/canvases/D%C3%ADas%20fusquenllos.

MURAL ELABORADO POR ALEJANDRO MOSQUERA LESTIDO:
"ABRENTES E SOLPORES INVERNAIS"


http://linoit.com/users/alexmosquera/canvases/plano%20

MURAL ELABORADO POR VERENA VIEITES FERNANDES

http://linoit.com/users/verenavieites/canvases/Inverno%20Solleiro%201

MURAL ELABORADO POR LORENZO RIVAS SEIJO:

http://linoit.com/users/lorenzoRS/canvases/trebons%20e%20arcos%204


MURAL ELABORADO POR SAMUEL GARCÍA CASTRO:

http://linoit.com/users/andasau/canvases/inverno%20solleiro%202


Tamén vos presentamos a recompilación completa de haikus e microrrelatos elaborados polo alumnado do CPI de Pontecesures nesta presentación.

Comentarios (0) - Categoría: PROXECTO METEOESCOLAS - Publicado o 16-04-2015 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
ENTREVISTA A UN PESCADOR DE LAMPREA
Dentro do Plan Proxecta Meteoescolas no que participan distintos departamentos e ciclos do noso centro, incluímos esta entrevista a Miguel Campos, un pescador de lamprea de Pontecesures, elaborada polo alumnado de 1º de ESO a un pescador de lamprea para saber algo máis sobre cal é o tempo máis adecuado para esta laboura:

Comentarios (0) - Categoría: PROXECTO METEOESCOLAS - Publicado o 09-04-2015 13:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal