o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ANDORRA 2013
Memoria do Departamento de Educación Física sobre a excursión a Andorra deste curso. Recolle os obxectivos,as actividades realizadas así como moitas fotos:

Comentarios (0) - Categoría: O RECUNCHO DO TRASNO EN E. SECUNDARIA - Publicado o 23-04-2013 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
TRABALLO SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO DE 4º A
A profe Silvia preséntavos este texto informativo sobre o Camiño Portugués a Santiago así como actividades que ideou sobre o este tema:



Comentarios (0) - Categoría: O RECUNCHO DO TRASNO EN E. PRIMARIA - Publicado o 23-04-2013 11:25
# Ligazón permanente a este artigo
Queres saber algo máis sobre 5º B?
O alumnado de 5º A do CPI de Pontecesures fai unha autopresentación neste vídeo para a revista do centro:

Comentarios (0) - Categoría: O RECUNCHO DO TRASNO EN E. PRIMARIA - Publicado o 19-04-2013 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 2013: ROBERTO VIDAL BOLAÑO
PODEMOS COMENZAR A NOSA INVESTIGACIÓN SOBRE O AUTOR AO QUE SE LLE DEDICA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS SEGUINDO ESTA WEBQUEST ELABORADA POLA PROFE VERÓNICA BLANCO QUINTÁS:

http://webquest.carm.es/majwq/wq/ver/40134

Aquí deixamos o enlace da Dirección Xeral de Política Lingüística con carteis e actividades sobre o autor homenaxeado:

http://www.xunta.es/linguagalega/roberto_vidal_bolano
Comentarios (1) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 18-04-2013 14:08
# Ligazón permanente a este artigo
GUEZOS AO FESTIVAL DE ORTIGUEIRA
Ti podes facer que Guezos estea nun dos festivais folk máis importantes do mundo, o Festival do Mundo Celta de Ortigueira.
GUEZOS é o único representante galego que ten opcións de participar no escenario RUNAS, destinado á difundir e promocionar a grupos emerxentes aínda non consagrados.

O xeito de axudar é moi simple:

pinchar nesta ligazón, meter un sinxelo código de seguridade e darlle a "votar". Pódese facer unha vez ao día e ata o 25 de abril.

Moitas grazas!

http://www.festivaldeortigueira.com/grupos/runas_interior.php?id=200&lg=gal


Se queres escoitar algo do grupo, aquí tedes un vídeo:

Comentarios (0) - Categoría: O FARDEL DOS SONS - Publicado o 17-04-2013 18:32
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA EXPERIENCIA SINGULAR EN 4º B DE PRIMARIA
Comentarios (0) - Categoría: O RECUNCHO DO TRASNO EN E. PRIMARIA - Publicado o 15-04-2013 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal