o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

VISITA DE ROSALÍA MORLÁN
Durante o primeiro trimestre, os nenos e nenas do 3º ciclo de primaria traballaron a poesía co libro A coitada lúa de Rosalía Morlán. A autora visitounos o día 24 de febreiro, coincidindo co 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, e recitounos algúns poemas que vai publicar no próximo libro. Así mesmo alumnos e alumnas recitaron poemas seleccionados por eles mesmos ante a autora. Aquí vos deixamos un vídeo que dá mostra do encontro:

http://youtu.be/9wGO2zqtLLY
Comentarios (0) - Categoría: O RECUNCHO DO TRASNO EN E. PRIMARIA - Publicado o 17-04-2012 12:39
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA NOITE MISTERIOSA
Estarrecede escoitando este conto que fixo o alumnado de 5º e 6º do noso centro para o Samaín.

Comentarios (0) - Categoría: O RECUNCHO DO TRASNO EN E. PRIMARIA - Publicado o 17-04-2012 12:26
# Ligazón permanente a este artigo
ESCOITA AS CANCIÓNS QUE CONCURSAN NO CANTALINGUA 2012
http://www.cantalingua.org/
Comentarios (0) - Categoría: O FARDEL DOS SONS - Publicado o 10-04-2012 22:50
# Ligazón permanente a este artigo
NOVO VIDEOXOGO EN GALEGO Á VENDA
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/sae-a-venda-en-formato-fisico-o-videoxogo-galego-ar-k/idEdicion-2012-03-24/idNoticia-738355/?utm_source=twitterfeed&utm_medium=twitter
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO EN POSITIVO - Publicado o 09-04-2012 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal