o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CONCURSO DE RECITADO DE POEMAS DE ROSALÍA DE CASTRO E MANUEL MARÍA
O pasado sábado 10 de marzo, pais/nais e profesores, xunto ao alumnado seleccionado no CPI de Pontecesures para o concurso de recitado de poemas de Manuel María e Rosalía de Castro, acudimos a Outeiro de Rei, onde se atopa a Casa Museo de Manuel María, para participar na fase final do certame que esta fundación organiza cada ano. Realmente quedamos moi emocionados co recitado que realizaron os nosos alumnos/as ese día, así como da alta calidade en xeral dos demais concursantes. Unha experiencia enriquecedora que nos gustaría repetir. Ollade os vídeos dese día:



O ALUMNADO DE 1º de E. Primaria recita "Galicia", de Manuel María.



Blanca García Mosquera de 1º de ESO recita "Negra sombra" do libro Follas Novas de Rosalía de Castro.



Carmen Caldelas Magán recita "Silencio", do libro Follas Novas de Rosalía de Castro

Comentarios (0) - Categoría: PARTICIPANDO SAÍMOS GAÑANDO - Publicado o 20-03-2018 12:36
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal