o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NÚMERO DE MARZO-ABRIL DE OLLOS DE AULA
Comentarios (0) - Categoría: REVISTA OLLOS DE AULA - Publicado o 24-03-2015 12:18
# Ligazón permanente a este artigo
O ALUMNADO DE 4º DE ESO DO CPI DE PONTECESURES GAÑA O CONCURSO DE MANIFESTO DO CORRELINGUA 2015

Este é o manifesto gañador que se lerá nas carreiras do Correlingua deste ano, que se convoca baixo o lema: “GALEGO, A NOSA CREACIÓN COMÚN”. Baseándose nun dos debuxos de Castelao do Álbum Nós, que fai referencia a que todo proceso creativo (e tamén o proceso de recuperación identitaria) sempre sae mellor se suma os esforzos colectivos, os alumnos/as de 4º idearon unha secuencia de whatsapps entre un grupo de amigos que intentan difundir esta mensaxe.
O resultado é este que vos presentamos. Parabéns a todos/as pola vosa creatividade.
Por certo, o premio consiste nunha viaxe a Lugo na fin de semana do 11 e 12 de abril da que vos iremos informando.



Ollade o vídeo que resultou gañador do Correlingua deste ano. Vai a noraboa para o CPR Sagrada Familia de Aldán:



Estoutro é o vídeo co que se presentaron ao concurso do Correlingua deste ano algúns alumnos/as de 2º ESO. Aínda que desta vez non houbo sorte, tamén os felicitamos polo seu traballo:



Os alumnado de 4º de ESO do noso CPI foi elixido polo Correlingua para participar no xurado do Cantalingua. As votacións farémolas o martes día 7 para escoller a canción que máis nos gustou. Podes apoiar algunha das cancións a concurso recomendándoa a algún dos alumnos/as de 4º de ESO. Escóitaas aquí:

http://www.correlingua.org/cantalingua/

Tamén imos seleccionar 20 alumnos/as voluntarios para participar nun photocall para publicitar as carreiras do Correlingua deste ano. Trátase de que nos fagamos fotos en grupo portando o lema deste ano ("Galego: a nosa creación común") diante dun fondo co logotipo do Correlingua. As fotos farémolas un día á volta das vacacións de Semana Santa. Podedes ver un exemplo de photocall aquí: "Gústame o galego"

https://www.facebook.com/gustameogalego/photos/pb.457663980937142.-2207520000.1427405228./777679682268902/?type=1&permPage=1
Comentarios (0) - Categoría: CORRELINGUA - Publicado o 18-03-2015 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
A REPRODUCIÓN DAS PLANTAS
O alumnado de 4º de E. Primaria ofrécenos nesta presentación o seu traballo experimental sobre a reprodución das plantas. Podedes ver todo o proceso dende a semente ao froito premendo nesta ligazón:

Comentarios (0) - Categoría: CIENCIA EN GALEGO - Publicado o 17-03-2015 11:45
# Ligazón permanente a este artigo
A Pale Tilla. Parodia galega de "Noche y día" de Enrique Iglesias
Os de Páramo Pictures non paran de darlle á cabeciña. A última versión, unha do polémico vídeo promocional de Galicia de Enrique Iglesias:

Comentarios (0) - Categoría: O FARDEL DOS SONS - Publicado o 10-03-2015 23:14
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal