o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O ENTROIDO GALEGO
Ante o recente empeño de uniformizar tamén as festas do entroido, converténdoas nun espectáculo similar en calquera punto do planeta, en Galicia perviven aínda moitas tradicións peculiares que non perderon a autenticidade que tiñan tempo atrás. Fronte a un entroido globalizado, inzado de desfiles de comparsas que compiten por un premio outorgado por tal ou cal concello, onde os demais se converten en meros espectadores case televisivos, o trasno reivindica o que a nosa festa ten de participación popular, diferente e irreverente. Unha mostra desta riqueza recóllese nesta presentación:

O Entroido
View more PowerPoint from jspazos7



Vídeo moi completo elaborado no IES Lagoa de Antela sobre o significado, a orixe e as características do entroido de Xinzo de Limia, con imaxes das pantallas polas rúas da vila, do lanzamento de olas no domingo oleiro e da fariña espallada no domingo fareleiro:

Comentarios (0) - Categoría: ENTROIDADAS - Publicado o 17-02-2012 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
CELTIC ROOTS
Acaba de editarse este disco no que colabora Xosé Manuel Budiño xunto a outros recoñecidos músicos irlandeses. As cancións son interpretadas por nenos/as irlandeses e galegos.


Comentarios (0) - Categoría: O FARDEL DOS SONS - Publicado o 16-02-2012 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA PROMOCIONAR O GALEGO NA EMPRESA
Mostramos o feixe de actividades recollido na páxina da coordinadora de ENDL para promocionar o uso do galego no ámbito empresarial, xa que este ano se escolleu como persoeiro das Letras Galegas a Valéntín Paz Andrade, do cal se destaca tamén a súa faceta como empresario impulsor do galego

http://www.coordinadoraendl.org/empresaengalego/index.php
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 06-02-2012 13:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal