o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

E... BO NADAL DENDE O CPI DE PONTECESURES
Dende o ENDL do centro desexámosvos que teñades unhas felices vacacións e que regresedes con moitas ganas de darlle LONGA VIDA AO GALEGO!

Nesta presentación elaborada por Rosa Nodar podedes ver os traballos de Nadal realizados en todos os niveis educativos do noso centro.



Neste enlace da DXPL tedes moitas propostas divertidas para o Nadal 2014:

http://www.xunta.es/linguagalega/recursos_e_materiais_de_nadal_2014

Tamén vos recomendamos este fantástico vídeo, "Quero o Nadal", unha proposta con moita marcha dende o CEE de Vilagarcía:



Por último, as mestras de E. Infantil Berena e Patricia, xunto co alumnado de 3 e 4 anos, mándanvos unha felicitación de Nadal:

Comentarios (0) - Categoría: NADALEANDO - Publicado o 17-12-2014 13:17
# Ligazón permanente a este artigo
NOVO NÚMERO DE OLLOS DE AULA
A Coordinadora de Equipos de Normalización despide tamén o ano 2014 con este último número de Ollos de aula:

Comentarios (0) - Categoría: REVISTA OLLOS DE AULA - Publicado o 17-12-2014 13:16
# Ligazón permanente a este artigo
ALARMANTE DESCENSO NO USO DO GALEGO ENTRE A MOCIDADE
Postos a facer reconto das novas que nos deixou este ano que xa está a dar as últimas boqueadas, non queremos deixar pasar esta que nos obriga a cuestionarnos que é o que estamos a facer mal para que o futuro do noso idioma sexa tan incerto. Agardamos que o 2015 nos traia mellores novas.

http://praza.gal/recurso/1349/evolucion-dos-e-das-galegofalantes-por-idade/
Comentarios (0) - Categoría: CIENCIA EN GALEGO - Publicado o 13-12-2014 22:59
# Ligazón permanente a este artigo
Crónicas Champions League Cesures 2014-15
Crónicas Champions League Cesures 2014-15


12 de novembro:
O partido deste día foi entre 3º e 1º.
• Xogadores: O equipo de 3º estaba formado por: Jacobo, Manuel, Aharón, Santi, Fernando, Iván, Borja. Mentres que, o de 1º, por: Manuel, Martín, Rodrigo, Michael, Daniel, Angie e Noa.
• Resultado final do partido: 12-2
• Goleadores de 3º: Iván (3), Xacobe (3), Fernando (2), Aharón (2), Santi (1), Manuel (1), Borxa (1).
• Goleadores de 1º: Manuel (1), Martín (1), Rodrigo (1)
• Árbitro: Jose (2º)
Os de 1º , que tiñan un equipo composto por dúas rapazas (Angie e Noa), tivo moitas ocasións de tirar á porta durante todo o partido pero, os de 3º, non llelo puxeron fácil xa que, xogaron con moita seguridade, avantaxados pola diferenza de idade. Os de 1º intentaron gañar o partido con todas as súas forzas, pero non lles foi posible. Aínda que, aos espectadores de 1º lles daba igual porque os animaban con forza.
O primeiro tempo rematou co resultado de 9-0. Pero 1º puido marcar o seu primeiro gol na segunda parte grazas a que se lle fora concedido un penalti ( Jacobo cometeu a falta. Este que protestou máis do debido, foi penalizado cun cartón amarelo). O marcador deste gol foi Manuel. Logo Martín e Rodrigo tamén tiveron a oportunidade de marcarlles un gol ao porteiro de 3º (Manuel).
O encontro rematou coa vitoria indiscutible de 3º cun resultado de 12-2

Lorena Eitor Tubío e Sofía Rarís Frois 3º ESO
Comentarios (0) - Categoría: O RECUNCHO DO TRASNO EN E. SECUNDARIA - Publicado o 01-12-2014 13:15
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal