o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

XA ESTÁ AÍ UN NOVO NADAL
No enderezo web da Dirección Xeral de Política Lingüística tedes diversos ligazóns para facer actividades relacionadas co Nadal: cantos de Nadal, carta aos Reis e, de novo, aparece a posibilidade de que enviemos as nosas postais para que aparezan na web e se poidan personalizar co gallo de envialas logo por correo electrónico.

http://www.xunta.es/linguagalega/nadal_en_rede_2013

Non vos esquezades tampouco de botarlle un ollo ás suxerencias da páxina da coordinadora de ENDL:

http://coordinadoraendl.org/nadal2013/index.php?ancho=1024&alto=768
Comentarios (0) - Categoría: NADALEANDO - Publicado o 07-12-2013 21:45
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal