o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

UN ANO MÁIS DE CANTOS DE REIS

Este ano fomos tamén polas clases anunciando o tempo de festa do Nadal disfrazados de galos, galiñas, alieníxenas e demais animais. Aquí deixamos unha foto da interpretación en infantil. Aproveitamos para desexarvos que gocedes destes días de lecer e que comecedes con bo pé no 2013.
Comentarios (0) - Categoría: NADALEANDO - Publicado o 21-12-2012 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
O NADAL NO MUNDO
Ollade esta presentación do CEIP Xesús San Luís Romero

http://www.xunta.es/linguagalega/o_nadal_no_mundo
Comentarios (1) - Categoría: NADALEANDO - Publicado o 20-12-2012 12:44
# Ligazón permanente a este artigo
SAE O NÚMERO 3 DE OLLOS DE AULA
Comentarios (0) - Categoría: REVISTA OLLOS DE AULA - Publicado o 09-12-2012 20:25
# Ligazón permanente a este artigo
XA TEMOS ÁRBORE DE NADAL 2012
Un ano máis chega o Nadal ao CPI e non quixemos deixalo pasar sen arrouparnos baixo unha árbore. Este ano dende o ENDL decidimos reutilizar CD inservibles para montar a árbore. Mostrámosvos como foi o proceso de ensamblaxe das pezas que decorou o alumnado de todos os niveis, dende os rapaces de 3 anos ata os maiores de 4º da ESO, recollido por Rosa Nodar neste vídeo. Esperamos que vos guste:


http://animoto.com/play/xX1iLE12AyhnvyOdo6uQOw
Comentarios (0) - Categoría: NADALEANDO - Publicado o 05-12-2012 18:42
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal