o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

5 DE DECEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DO SOLO
Álbum realizado polo Estudio Tangaraño para o Consello da Cultura Galega. Está editado dentro da colección "Ciencia para todos" (nº2) que se coordina desde a Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade desta institución. Pretende amosar aos máis novos a problemática medioambiental do solo e a necesidade de protexer este recurso. Podedes visualizalo ou descargalo no enderezo:

http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/comic.pdf
Comentarios (0) - Categoría: CIENCIA EN GALEGO - Publicado o 27-11-2014 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
V DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

O día 4 de novembro celebramos no noso centro o V Día da Ciencia en Galego,unha xornada reivindicativa, educativa e lúdica que nos lembra que tamén podemos aprender contidos científicos na nosa lingua.

En Secundaria, o alumnado de 3º e 4º de ESO participou na videoconferencia organizada pola Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística, que este ano tivo a Manuel Caeiro Rodríguez como relator, doutor en enxeñería de telecomunicacións. A videoconferencia versou sobre a historia da programación de ordenadores.

Neste enlace tedes moita información sobre as actividades que se realizaron en distintos centros de Galicia arredor deste evento:

http://www.cienciaengalego.org/drupal6/

En Primaria tamén se sumaron a esta celebración. Por exemplo, nesta videocreación podemos ver ao alumnado de 4º A facendo experimentos para celebrar o Día da Ciencia en Galego:

Comentarios (0) - Categoría: CIENCIA EN GALEGO - Publicado o 14-11-2014 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
II CERTAME DE RELATOS DE TERROR NO CPI DE PONTECESURES

Por segundo ano consecutivo, celebrouse no noso centro un certame de relatos e curtametraxes de terror co gallo do Samaín, organizado polo ENDL do centro e o Equipo de Biblioteca. Os seguintes traballos foron os premiados este ano:

Este é o vídeo gañador da categoría de ESO: "A casa do outeiro":


Na categoría de Educación Infantil temos esta videocreación dos rapaces e rapazas de 3 e 4 anos:
"O medo é libre"


E estes son os relatos gañadores deste certame nas distintas categorías:


Para os que non estivestes na entrega de premios deste día, deixámosvos aquí a peza teatral que serviu de fío condutor do evento:



Nesta presentación veredes como viviron o Samaín o alumnado de 4º de primaria:


Comentarios (1) - Categoría: SAMAÍN - Publicado o 11-11-2014 10:39
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal