o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

MÚSICA PARA E. INFANTIL
Aquí vos deixamos varios enlaces para que cantedes:

http://coordinadoraendl.org/musicainfantl/index.php


E aquí temos unha proposta de Chouteira para canto de reis:



Aquí podedes consultar a letra desta canción:

http://www.coordinadoraendl.org/nadal2012/recursos/doc/musica-ocometido.pdf

Ou estoutra de Mamá Cabra:

http://vimeo.com/31655397


Aquí vai esta do Xabarín Club:

Comentarios (0) - Categoría: O FARDEL DOS SONS - Publicado o 18-11-2013 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
IV DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
TEdes nesta páxina web da DXPL actividades para o IV Día da Ciencia en Galego:

http://www.xunta.es/linguagalega/dia_da_ciencia_2013


No noso centro sumámonos un ano máis ás videoconferencias organizadas pola CGENDL. A de primaria correu a cargo de Marilar Aleixandre e versou sobre os insectos. Na de secundaria, Jorge Mira explicounos como medían os gregos as distancias da Terra á Lúa e ao Sol. Deixamos unha foto do evento, pero tedes máis na fotoblogoteca
Comentarios (0) - Categoría: CIENCIA EN GALEGO - Publicado o 08-11-2013 12:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal