o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

RELATOS GAÑADORES DO V CONCURSO DE RELATOS E VÍDEOS DE TERROR DO CPI DE PONTECESURES
RELATO DE 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA




RELATO DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA




RELATO GAÑADOR DA MODALIDADE DE 2º CICLO DE E. PRIMARIA, DE LEIRE SUÁREZ LORENZO DE 3º B



RELATO GAÑADOR DE 3º CICLO DE E. PRIMARIA, DE NICOLÁS CONSTENLA BARRAL, DE 6º.




RELATO GAÑADOR DA ESO, DE MARÍA FIGUEIRA COLLAZO, DE 2º ESO A

Comentarios (0) - Categoría: SAMAÍN - Publicado o 19-10-2017 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
CARTEL GAÑADOR DO SAMAÍN 2017
O Departamento de Plástica conxuntamente co EDLG do CPI de Pontecesures elixiu o cartel presentado a concurso por Telmo Portas González, de 4º de ESO, como gañador do certame deste ano. Dende aquí dámoslle a noraboa a Telmo e felicitamos tamén a todos/as os/as participantes.

Comentarios (0) - Categoría: SAMAÍN - Publicado o 16-10-2017 13:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal