o trasno paroleiro


BLOG DO EDNL DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

XOGUETES NATURAIS
Non vos perdades esta páxina de Xosé López González e Xosé Manuel García na que intentan recuperar a tradición de elaborarmos os nosos propios xoguetes con obxectos que nos ofrece a natureza en cada estación. Este é un deles: unha lancha de xunco.

http://www.noticieirogalego.com/lancha-de-xunco/
Comentarios (0) - Categoría: O RECUNCHO DO TRASNO EN E. PRIMARIA - Publicado o 28-10-2014 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
TODA UNHA DEFENSA DO GHALEGHO DE AQUÍ
Uns mozos de Dodro fan neste vídeo unha acendida defensa das variantes dialectais da nosa zona:



Por alusións, dende Ribadeo completan o vídeo anterior con estoutro:

Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO EN POSITIVO - Publicado o 27-10-2014 23:48
# Ligazón permanente a este artigo
XA TEMOS ANDROID EN GALEGO
Google ofrece tras unha campaña de dirixida polo colectivo "Mallando no Android" que este sistema operativo se ofreza tamén por defecto en galego:

http://praza.gal/ciencia-e-tecnoloxia/8032/android-en-galego-o-activismo-a-prol-da-lingua-impresiona-a-google/
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO EN POSITIVO - Publicado o 17-10-2014 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
NOVO NÚMERO DE OLLOS DE AULA
NÚMERO DE NOVEMBRO



Comentarios (0) - Categoría: REVISTA OLLOS DE AULA - Publicado o 14-10-2014 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
II CERTAME DE RELATOS DE TERROR

De novo, convocamos dende o ENDL e o Equipo de Biblioteca do CPI de Pontecesures unha nova edición do concurso de relatos de terror co gallo do Samaín. O cartel que anunciará o certame foi elaborado pola alumna de 3º de ESO Raquel Estévez Brea, a quen aproveitamos para darlle a noraboa. Expoñemos as bases a continuación e animámosvos a todos/as a que participedes nalgunha das súas modalidades.

BASES DO CONCURSO


1. Os relatos, orixinais e inéditos, serán redactados en lingua galega.
2. A temática xirará arredor de historias de misterio e terror.
3. Haberá seis categorías con cadanseu premio:
a) Infantil
b) 1º ciclo:
c) 2º ciclo
d) 3º ciclo
e) ESO
f) Modalidade de participación audiovisual, cunha curtametraxe gravada nun máximo de cinco minutos.
4. A participación de infantil e 1º ciclo de primaria poderá ser cun relato breve ou a través de narracións baseadas en debuxos que incorporen algunha palabra ou texto breve en galego. Nos demais niveis os textos terán unha extensión máxima de catro folios por unha cara, manuscritos ou mecanografados.
5. Cada titor/a de infantil e primaria e o profesor de lingua galega de ESO seleccionarán os tres mellores traballos de cada aula e entregaranllos ao coordinador do ENDL antes do 24 de outubro.
6. O xurado do certame estará integrado por profesorado colaborador do ENDL e da Biblioteca.
7.O fallo do xurado farase público a través do blog do equipo (www.blogoteca.com/trasnoparoleiro) e o blog da Biblioteca (bibliocesures.blogspot.com) o día 30 de outubro.
8.A entrega de premios terá lugar en cadanseu acto na biblioteca do centro nun recreo de primaria e noutro de secundaria ao que poderán acudir todos os participantes.
8. A participación neste concurso implica o consentimento do/a autor/a para a divulgación da obra presentada nos blogs de normalización e da biblioteca, así como na revista escolar O voceiro do Piñeiro manso.
9. A participación neste certame implica a aceptación de todas e cada unha das normas contidas nas presentes bases.
Comentarios (0) - Categoría: SAMAÍN - Publicado o 09-10-2014 19:22
# Ligazón permanente a este artigo
O GALEGO E AS REDES SOCIAIS
Unha de cal e outra de area: congratulámonos de que o galego sexa un dos idiomas máis usados nas redes sociais, pero mágoa que o xornal La Voz de Galicia siga amosando tanto desleixo no uso do noso idioma, con erros que veredes no artigo que non se perdoarían na edición en castelán:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vidadigital/2014/10/05/galego-e-unha-das-26-linguas-mais-usadas-nas-redes-sociais/0003_201410G5P64992.htm
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO EN POSITIVO - Publicado o 07-10-2014 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal